O Centro Galego de Artes da Imaxe (R/ Durán Loriga, 10 baixo. A Coruña) organiza hoxe xoves día 19 de novembro (20.30 horas) unha sesión de curtametraxes españolas en torno ao tema da homosexualidade, dentro do ciclo SOCIAL CINE ´09. A iniciativa é froito dun acordo de colaboración co Concello da Coruña (Concellaría de Asuntos Sociais) e o Festival Gay Visible. Haberá unha presentación previa dos traballos e un coloquio posterior coa presenza de Pablo Peinado, director do Festival Gay Visible; Martin Pawley, crítico cinematográfico, e Fito Ferreiro, coordinador do Colectivo coruñés 7 Colores. A entrada é gratuíta. Mañá venres día 20 de novembro (23.00 horas) presentaranse as curtametraxes galegas O ELIXIDO (2009) de Chema Gagino, AARÓN (2009) de Marcos Nine e TALLER OBJETOR (2009)  de David Castro Sopeña. Os traballos serán presentados polos seus propios autores. A entrada é gratuita.