PRESENTACION DE PROXECTOS NO I CURSO DE CREACIÓN E GUIONIZACIÓN DE DOCUMENTAIS

24 / 07 / 2008

O vindeiro luns 28 de Xullo, terá lugar nas aulas do Master en Producción e Xestión Audiovisual (MPXA) a presentación dos proxectos de documental que cada alumno foi desenvolvendo co seu titor ao longo do curso.
O I Curso de Creación e Guionización de Documentais organizado polo Master en Producción e Xestión Audiovisual en colaboración ca Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual Galega, Televisión de Galicia e Universidade da Coruña, finaliza ca presentación dos traballos que os seus alumnos deberán defender frente ós expertos invitados, entre os que estarán, Jesús Iglesias e Eduardo Galán (Televisión de Galicia), Manuel González (Axencia Audiovisual Galega), Elena Mera (Plural Entertainment) e Nazaret García (Explora Films), que valorarán a viabilidade dos proxectos presentados.

Os alumnos que veñen de asistir a un total de 6 seminarios-obradoiros, contaron co apoio dun tutor ó longo do curso que lles foi guiando no correcto plantexamento dos seus proxectos. Entre esos tutores figuran profesionais de recoñecido prestixio coma Javier Corcuera (Codirector de “Invisibles”, Goya 2007 á mellor película documental), Joan Úbeda (Responsable de Media 3.14, empresa pertencente ó Grupo MEDIAPRO adicada á producción de documentais e series para TV), Llorenç Soler (experto en xénero documental dende os anos 70) e Ricardo Iscar (“El Cerco” premio ó mellor corto documental europeo no Festival de Cine de Berlín).

Categoría: Novas
Etiquetas: