O vindeiro xoves, 5 de xullo ás 19.30h terá lugar a presentación da curtametraxe “Adosados”, resultado do Obradoiro de Curtametraxes impartido no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa por Érica Esmorís e Daniel Almeida nos meses de abril e maio de 2012.

No acto estarán presentes os alumnos do obradoiro e os actores protagonistas da curtametraxe. A entrada é libre ata completar aforo. 


Sinopse

Unha exclusiva urbanización. Dous chalets adosados. Dous Veciños de armas tomar. Dúas personalidades incompatibles. A auga e o aceite sempre serán inmiscibles, pero aderezados coas doses adecuadas de egolatría, gamberrismo e humor negro poden converterse nun cóctel explosivo.