PRESENTACIÓN DO CICLO DA ÉXTASE AO ARREBATO NO CGAI

11 / 10 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe comeza o xoves 13 de outubro o ciclo DA ÉXTASE AO ARREBATO. 50 ANOS DO OUTRO CINE ESPAÑOL coa presentación do documental Fragmentos para una historia del otro cine español (2010) de Andrés Hispano (18.00 hotras) e a primeira sesión do ciclo (20.45 horas) –agrupada baixo o título de “Documentos /Itinerarios”- coa presenza do comisario da retrospectiva, o experto en cine experimental, Antoni Pinent. A entrada a ambas sesións é gratuíta.  

O ciclo prolóngase ata o venres día 21 de outubro con seis sesións e un documental complementario, FREE RADICALS (2010) de Pip Chodorov, sobre a historia do cine experimental.    

Programa de Xcèntric, o cine do CCCB, desenvolvido desde a institución barcelonesa, coa contribución de Acción Cultural Española e Filmoteca de Catalunya, comisariado polo cineasta, programador e especialista en cine experimental Antoni Pinent -contamos coa súa presenza para presentar o ciclo-, ofrecemos un amplo recorrido polas obras de referencia que conforman a pouco coñecida historia do cine experimental no noso país. O ciclo consiste nunha retrospectiva do cine experimental español desde finais dos anos 50 (figuras como José Val del Omar, Joaquim Puigvert ou o galego Eugenio Granell) ate a produción actual das novas xeracións (Oriol Sánchez, David Domingo ou Laida Lertunxdi), pasando pola obra de Carles Santos, Javier Aguirre, Eugeni Bonet, José Antonio Sistiaga ou Iván Zulueta. 44 pezas, distintos formatos e seis sesións organizadas de xeito transversal e non necesariamente cronolóxico, as diferentes sesións fomentan un diálogo entre as obras clásicas e as máis recentes. Como complemento enriquecedor ofrecemos un documental que nos achega a historia (mundial) do cine experimental, Free radicals: A History of Experimental Cinema do experto Pip Chodorov (Nova Iorque, 1965), incluido nas estreas de “Fóra de serie”, e Fragmentos para una historia del otro cine español de Andrés Hispano (con guión de Pinent).      

Sesión 1. DOCUMENTOS / ITINERARIOS. Fuego en Castilla (José Val del Omar, 1958-59), De purificatione automobilis (Gabriel Blanco, 1974), Miserere (Antoni Miralda e Benet Rossell, 1979), Souvenir (Silvia Gracia e José Luis Guerin, 1985) e Lo que tú dices que soy (Virginia García del Pino, 2007).

Sesión 2. APROPIACIÓNS / GRAN SÚPER 8. For / Against (Eugènia Balcells, 1983), Minnesota 1943 (Toni Serra, 1995), Alice in Hollywoodland (Jesús Pérez-Miranda, 2006), Súper 8 (David Domingo, 1997), Bloodfilm (Marcel Pey, 1975), Roulette Wheel (Luis Cerveró, 2005), Signaturas (síntesis) (Juan Bufill, 2008), I Love you Because (Lope Serrano Sol, 2007), 22arroba (Maximiliano Viale, 2008), Photomatons (Eugeni Bonet, 1976), A escala de hombre (David Reznak, 1991), Copy Scream (Oriol Sánchez, 2005) e Brutal Ardour (Manuel Huerga, 1979).

Sesión 3. EXPERIMENTOS ANIMADOS. RITMO, LUZ E COR. Forma, color y ritmo (Josep Mestres, 1956), Ballet burlón (Fermí Marimón, 1959), Exp. 1/ II (Joaquim Puigvert, 1958-59), Pregunta por mí (Begoña Vicario, 1996), Pintura 63 (Toni Sirera, 1963), Hezurbeltzak, una fosa común (Izebene Oñederra, 2007), Ritmes cromàtics (Jordi Artigas, 1978), Spain loves you (Isabel Herguera, 1988), Espectro siete (Javier Aguirre, 1970), Lluvia (Eugenio Granell, 1961), La 72.024 mil.lèssima part d’un any (Marcel Pié Barba, 2008), Danse Noire (Frederic Amat, 2006) e Monos (Juan Pablo Etcheverry, 1997).    

Sesión 4. PINTURA-MOVEMENTO. …ere erera baleibu izik subua aruaren (José Antonio Sistiaga, 1968-70).    

Sesión 5. INDAGACIÓNS / METACINE. Blanc Dérangé (Blanca Casas Brullet, 2008), Límites (1ª persona) (Elías León Siminiani, 2009), Travelling (Lluis Rivera, 1972), Teoría de los cuerpos (Isaki Lacuesta, 2004), Figura (Gonzalo de Pedro, 2007), In girum imus nocte et consumimur igni (Jorge Cosmen, 2003), BiBiCi Story (Carles Durán, 1969), Farce Sensationelle! (Laida Lertxundi, 2004), In crescendo (Joan Marimón e Jesús Ramos, 2001), Ice Cream (Antoni Padrós, 1970) e LA RE MI LA…(Carles Santos, 1979).
Sesión 6. ARREBATADO. Arrebato (Iván Zulueta, 1979).   
 Xoves 13 de outubro (18.00 horas) e martes 18 de outubro (18.00 horas)
FRAGMENTOS PARA UNA HISTORIA DEL OTRO CINE ESPAÑOL
(España, 2010)
Dirección: Andrés Hispano. Guión: Antoni Pinent. Produción: La Chula Productions, TVE e CCCB. Fotografía: Benet Román. Duración: 58 minutos.  
Un percorrido pola historia do outro cine español, aquel que explorou sen concesións o seu potencial artistico, plástico, conceptual, poético. Relato sobre unha veta de obras intermitente, fitos illados recompostos por medio de testemuñas de protagonistas (de cineastas a analistas), secuencias e documentos diversos. Por primeira vez en España, un documental reúne o máis significativo dun cine que deixa pouco a pouco de ser invisible.   

Xoves 13 de outubro (20.45 horas)
Sesión 1. DOCUMENTOS / ITINERARIOS.
Fuego en Castilla (José Val del Omar, 1958-59). Duración: 17 minutos.  
De purificatione automobilis (Gabriel Blanco, 1974). Duracion: 16 minutos.
Miserere (Antoni Miralda e Benet Rossell, 1979). Duración: 12 minutos.
Souvenir (Silvia Gracia e José Luis Guerin, 1985). Duración: 5 minutos.
Lo que tú dices que soy (Virginia García del Pino, 2007). Duración: 28 minutos.  
Duración total: 78 minutos.
A sesión inaugural do ciclo abrese cunha obra de José Val del Omar, cineasta visionario e inventor, unha das figuras máis relevantes da cinematografía española. Fuego en Castilla forma parte do seu inacabado “Tríptico elemental de España”. Compoñen a sesión o arquitecto Gabriel Blanco, máis coñecido como animador, representado cun documental que amosa os quehaceres do cidadán español nunha xornada calquera de domingo na periferia urbana; os artistas multidisciplinares Benet Rossell e Antoni Miralda, que propoñen un itinerario pola iconografía bélica; e José Luis Guerin, quen tras debutar coa longametraxe Los motivos de Berta (1983) realizou esta pieza corta con certas reminiscencias do hoxe chamado cine-ensaio. Pecha a sesión un documental de Virginia García del Pino sobre a identidade laboral de quen exerce profesións relacionadas coa morte, a suciedade ou o sexo.

Venres 14 de outubro (20.45 horas)
Sesión 2. APROPIACIÓNS / GRAN SÚPER 8.
For / Against (Eugènia Balcells, 1983). Duración: 3 minutos.  
Minnesota 1943 (Toni Serra, 1995). Duración: 7 minutos.
Alice in Hollywoodland (Jesús Pérez-Miranda, 2006). Duración: 7 minutos.
Súper 8 (David Domingo, 1997). Duración: 8 minutos.
Bloodfilm (Marcel Pey, 1975). Duración: 3 minutos.
Roulette Wheel (Luis Cerveró, 2005). Duración: 2 minutos.
Signaturas (síntesis) (Juan Bufill, 2008). Duración: 7 minutos.
I Love you Because (Lope Serrano Sol, 2007). Duración: 3 minutos.
22arroba (Maximiliano Viale, 2008). Duración: 4 minutos.
Photomatons (Eugeni Bonet, 1976). Duración: 3 minutos.
A escala del hombre (David Reznak, 1991). Duración: 9 minutos.
Copy Scream (Oriol Sánchez, 2005). Duración: 2 minutos.
Brutal Ardour (Manuel Huerga, 1979). Duración: 15 minutos.  
Duración total: 73 minutos.
Esta sesión presenta unha serie de pezas realizadas en súper 8, formato nado en 1965 con uso vixente hoxe en día, e outras pertencentes ao subxénero do found footage film ou cine de metraxe atopada/apropiada. Algunhas das obras reúnen as dúas características, como For/Against de Eugènia Balcells ou Súper 8 de David Domingo. Neste programa establécese un diálogo entre cineastas de diferentes xeracións: os que formaron parte dese intento de vangarda no ámbito do cine experimental centrada en Barcelona, Madrid e Valencia durante a década dos ’70 (con Eugeni Bonet, Juan Bufill, Manuel Huerga e Eugènia Balcells á cabeza) e a nova hornada xurdida entre finais dos ’90 e a actualidade.

Martes 18 de outubro (20.45 horas)
Sesión 3. EXPERIMENTOS ANIMADOS. RITMO, LUZ E COR.
Forma, color y ritmo (Josep Mestres, 1956). Duración: 5 minutos.
Ballet burlón (Fermí Marimón, 1959). Duración: 7 minutos.
Exp. 1/ II (Joaquim Puigvert, 1958-59). Duración: 3 minutos.
Pregunta por mí (Begoña Vicario, 1996). Duración: 4 minutos.
Pintura 63 (Toni Sirera, 1963). Duración: 6 minutos.
Hezurbeltzak, una fosa común (Izebene Oñederra, 2007). Duración: 5 minutos.
Ritmes cromàtics (Jordi Artigas, 1978). Duración: 5 minutos.
Spain loves you (Isabel Herguera, 1988). Duración: 6 minutos.
Espectro siete (Javier Aguirre, 1970). Duración: 9 minutos.
Lluvia (Eugenio Granell, 1961). Duración: 2 minutos.
La 72.024 mil.lèssima part d’un any (Marcel Pié Barba, 2008). Duración: 5 minutos.
Danse Noire (Frederic Amat, 2006). Duración: 4 minutos.
Monos (Juan Pablo Etcheverry, 1997). Duración: 2 minutos.
Duración total: 63 minutos.   
Esta terceira sesión colectiva abarca períodos moi diferentes da historia do cine en España, se ben todas as pezas teñen o común denominador da experimentación no campo da animación, cubrindo o amplo espectro que vai desde a pura abstracción ate a narración. As técnicas e os resultados son igualmente dispares: estudios clásicos sobre a correspondencia entre cor e música (Aguirre, Mestres, Sirera), o cine sen cámara (Puigvert, Artigas, Granell), o stop motion (Marimón, Pié Barba), o trazo como esbozo (Amat, Oñederra, Etcheverry), a animación de collage-recortables (Herguera) e a animación de area sobre cristal (Vicario).

Mércores 19 de outubro (20.45 horas)
Sesión 4. PINTURA-MOVEMENTO.    
…ERE ERERA BALEIBU ICIK SUBUA ARUAREN…
(España, 1968-1970)
Dirección e guión: José Antonio Sistiaga. Produción: X Films, SA. Duración: 75 minutos.
Un espectáculo visual único: un filme pintado sobre soporte celuloide polo gran artista vasco José Antonio Sistiaga (San Sebastián, 1932) e realizado sen cámara. Despois de ano e medio de traballo, o financiamento do mecenas Juan Huarte, o resultado serán 1.645 metros de celuloide pintados cunha deformación de lente posterior, ausencia de banda sonora e unha proposta constituída por puntos, manchas e figuras abstractas que constitúe un dos momentos álxidos do cine experimental en España e unha auténtica experiencia para o espectador.

Xoves 20 de outubro (20.45 horas)
Sesión 5. INDAGACIÓNS / METACINE.

Blanc Dérangé (Blanca Casas Brullet, 2008). Duración: 5 minutos.
Límites (1ª persona) (Elías León Siminiani, 2009). Duración: 8 minutos.
Travelling (Lluis Rivera, 1972). Duración: 12 minutos.
Teoría de los cuerpos (Isaki Lacuesta, 2004). Duración: 5 minutos.
Figura (Gonzalo de Pedro, 2007). Duración: 2 minutos.
In girum imus nocte et consumimur igni (Jorge Cosmen, 2003). Duración: 9 minutos.
BiBiCi Story (Carles Durán, 1969). Duración: 8 minutos.
Farce Sensationelle! (Laida Lertxundi, 2004). Duración: 3 minutos.
In crescendo (Joan Marimón e Jesús Ramos, 2001). Duración: 7 minutos.
Ice Cream (Antoni Padrós, 1970). Duración: 9 minutos.
LA RE MI LA…(Carles Santos, 1979). Duración: 9 minutos.
Duración total: 77 minutos.  
A última das sesións colectivas pretende reflectir a esencia do cine nas súa diferentes vertentes, desde a reflexión sobre o propio medio ou o ensaio metacinematográfico (Lertxundi, León Siminiani, Rivera, de Pedro) ate a pantalla en blanco (Casas Brullet), pasando polos contactos con outras artes como a danza (Marimón y Ramos), a performance (Santos), a fotografía (Lacuesta, Cosmen) ou a poesía cinematografiada (Padrós). Trátase dun conxunto de tentativas que dan mostra das diferentes ramas que constitúen a gran árbore que é o cinematógrafo.

Venres 21 de outubro (20.45 horas)
Sesión 6. ARREBATADO.
ARREBATO
(España, 1979)
Dirección e guión: Iván Zulueta. Produción: Nicolás Astiárraga P.C. Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Eusebio Poncela, Cecilia Roth, Will More, Marta Fernández-Muro. Duración: 106 min.
José Sirgado, director de películas de terror, recibe unha cinta cunha voz estrana e vagamente familiar. A escoita da súa narración o conducirá por un camiño sen regreso posible. Filme fundacional e irrepetible que baralla de modo extraordinariamente afortunado un estimulante cruce de elementos engarzados na íntima idiosincrasia de Zulueta, unha deslumbrante combinación de metacinematografía, vampirismo, discurso sobre a imaxe e a mirada, infancia, terror, disección da movida, (auto)destrucción e mórbidas sensacións humanas.   
Mércores 19 de outubro (18.00 horas) e xoves 20 de outubro (18.00 horas)
FREE RADICALS. A HISTORY OF EXPERIMENTAL CINEMA   
(Francia, 2010)
Dirección: Pip Chodorov. Guión: Lucy Allwood e Pip Chodorov. Produción: Sacrebleu Productions. Fotografía: Nicolas Rideau, Ville Piippo e Pip Chodorov. Duración: 80 minutos.  
Unha historia do cine experimental a modo de persoal e moi didáctica introducción. Narradores e entrevistados de luxo (Jonas Mekas, Stan Brackhage, Ken Jacobs, Hans Richter ou Peter Kubelka), material de arquivo, pequenas pezas de mostra, todo dirixido polo experto en cine de vangarda, director, promotor, fundador de Re:voir e antigo traballador de Light Cone Pip Chodorov, fillo de Stephan, director e coétaneo de Jonas Mekas.     

Categoría: Novas
Etiquetas: