A Academia Galega do Audiovisual convoca a XVII Edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” como recoñecemento ás obras galegas estreadas no ano 2018 e aos profesionais creativos e técnicos que traballaron nelas.

Todas as obras que desexen participar e optar aos Mestre Mateo deberán inscribirse on line dende o 29 de outubro de 2018 ao 19 de novembro de 2018.

Aquí tedes á vosa disposición as bases desta nova edición. Recomendamos que as leades atentamente.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa nosa oficina no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 227 701 e 981 208 393, de luns a xoves de 9.00 horas a 17.00 horas en horario ininterrompido, e os venres de 9 a 15.00 horas.