PREESTREA DE “A TROPA DE TRAPO NO PAÍS ONDE SEMPRE BRILLA O SOL”

20 / 10 / 2010

Un día antes da súa estrea oficial na 55 Semana Internacional de Cine de Valladolid, o 23 de outubro terá lugar a premier infantil de “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol” nos cines Filmax A Coruña (El Puerto Centro de Ocio).

A longametraxe, primeira producción de animación española que se estrea en 3D estereoscópico, conta a gran aventura protagonizada por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de simpáticas mascotas de trapo.

“A tropa de trapo” é unha produción de Abano Producións, Continental Animación, Anera Films e A Tropa de Trapo S.L. 

Categoría: Novas
Etiquetas: