Cartel

II Semana das Músicas do Audiovisual

A Semana das Músicas do Audiovisual é un festival singular que, baixo a batuta do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá en Narón o venres 1 de decembro un gran concerto no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos de compositores como Xavi Font, Manuel Riveiro, Arturo Kress ou o propio Nani García. O concerto e a semana adicará este ano unha especial atención á figura de Fernando Velázquez, autor referecial do Estado, que dirixirá o concerto, incluíndo algunhas das súas obras no programa, e que participará de

001

XV Premios Mestre Mateo

En 2017 celebrouse a XV edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Novamente celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector e das obras nas que participaron.   O proceso de selección No mes de novembro de 2016 a Academia Galega do Audiovisual inaugurou unha nova edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” abrindo o prazo de recepción de candidaturas, que duraría todo o mes. Coma nas pasadas edicións, enviouse un listado coas obras presentadas no prazo aos socios e socias para que, se observaban a falta dalgunha produción nola comunicasen ou nolo comunicasen para poñernos en contacto coa produtora. Tras o prazo de recepción de obras para participar nos Premios, a Academia procedeu a constituír novamente a comisión encargada de revisar e avaliar os proxectos e profesionais presentados en cada categoría co fin de verificar se cumprían cos requisitos especificados nas bases dos premios. Así, estivo