II Semana das Músicas do Audiovisual

Cartel

A Semana das Músicas do Audiovisual é un festival singular que, baixo a batuta do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá en Narón o venres 1 de decembro un gran concerto no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos de compositores como Xavi Font, Manuel Riveiro, Arturo Kress ou o propio Nani García. O concerto e a semana adicará este ano unha especial atención á figura de Fernando Velázquez, autor referecial do Estado, que dirixirá o concerto, incluíndo algunhas das súas obras no programa, e que participará de forma moi activa durante a semana, levando a cabo a gravación aberta aos académicos e profesionais, dunha banda sonora coa Orquestra Sinfónica de Galicia e participando nun encontro aberto ao público do mundo da música de cine. A outra pata fundamental da Semana das Músicas do Audiovisual serán os obradoiros e masterclass para profesionais ou especialistas da música, impartidos ao longo de toda a semana por Luis Ivars, Oscar Araújo, Vanessa Garde e Juanjo Molina

Programa

Luns 27

9h45 – 13h45 e 16h30 – 20h30

Gravación da BSO de Los futbolísimos coa participación da Orquesta Sinfónica de Galicia. A música é de Fernando Velázquez e o enxeñeiro de son é Marc Blanes. No Palacio da Ópera, A Coruña.

10h00 – 14h00

Obradoiro Musimagen: Home studio e informática musical: funcionamento e deseño dun estudio básico para composición e produción musical. Na Fundación SGAE, Compostela.

18h30 – 21h

Masterclass sobre os Dereitos de autor no eido das músicas do audiovisual. Na Fundación Paideia, A Coruña.

Xoves 30

9h45 – 13h45

Ensaio do Concerto bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas, dirixido por Fernando Velázquez. No Palacio da Ópera, A Coruña.

 

10h00 – 14h00

Obradoiro Musimagen: Home studio e informática musical. Na Fundación SGAE, Compostela

 

17h00 – 19h00

Encontro con Fernando Velázquez. No Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Martes 28

9h45 – 13h45 e 16h30 – 20h30

Gravación da BSO de Los futbolísimos. No Palacio de la Ópera, A Coruña.

 

10h00 – 14h00

Obradoiro Musimagen: Home studio e informática musical.  Na Fundación SGAE, Compostela.

 

18h30 – 21h

Masterclass de Música para videoxogos. Na Fundación Paideia, A Coruña.

 

Mércores 29

9h45 – 13h45 y 16h30 – 20h30

Gravación da BSO de Los futbolísimos. No Palacio de la Ópera, A Coruña.

 

10h00 – 14h00

Obradoiro Musimagen: Home studio e informática musical. Na Fundación SGAE, Compostela.

 

18h30 – 21h

Masterclass Tecnología e creatividade na producción musical. Na Fundación Paideia, A Coruña.

Venres 1

9h45 – 13h45

Ensaio do Concerto bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas, dirixido por Fernando Velázquez. No Palacio da Ópera, A Coruña.

10h00 – 14h00

Obradoiro Musimagen: Home studio e informática musical.  Na Fundación SGAE, Compostela.

 

18h30

Café con Xavi Font, Manu Riveiro, Arturo Kress e Nani García. No Pazo da Cultura de Narón.

20h30

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con un programa de bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas.

Temas de compositores galegos escritos para cine e TV. Invitado especial e director: Fernando Velázquez. No Pazo de la Cultura de Narón.

Programa formativo

Luis Ivars

Masterclass sobre os dereitos de autor nas músicas do audiovisual

Luns 27, de 18h30 a 21h. Na Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17).

Entrada gratuíta, previa inscrición a través do correo-e producion@academiagalegadoaudiovisual.gal. Nesta masterclass de especial interese para produtores e directores, ademais de para músicos, analizaremos quen, como e onde se defende o valor intelectual e económico da obra audiovisual. Abordaremos, tamén os novos cambios na lei de propiedade intelectual a nivel europeo e as modificacións derivadas dos novos dereitos que emanan do uso da web, entre outras cousas.

www.morenoesquibel.com

Encontro con Fernando Velázquez

Xoves 29, de 17h00 a 19h00. No Conservatorio Superior de Música de A Coruña (Rúa Manuel Murguía, 44). Acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

Oscar_jamon

Masterclass música para videoxogos

Martes 28, de 18h30 a 21h. Na Fundación Paideia. (Praza de María Pita, 17)

Entrada gratuíta, previa inscrición a través do correo-e producion@academiagalegadoaudiovisual.gal Estudantes e profesionais do mundo da música poderán aprender a compoñer unha BSO na gameplay.

Juanjo_02

OBRADOIRO CON MUSIMAGEN: HOME STUDIO E INFORMÁTICA MUSICAL

De luns 27 a venres 1, de 10h00 a 14h00. Na Sala Fundación SGAE (Salvadas 2A, Parque Vista Alegre, Compostela).

Custo: 70 € | 55 € socios e socias da AGA. Inscrición previa nesta web. Achegarémonos aos elementos de hardware e de software precisos para construír o noso propio home studio e percorreremos as aplicacións máis básicas da informática musical: MIDI, síntese, sampling, secuenciador, editor de audio, o mastering e o editor de partituras (Sibelius).

Vanessa Garde

MASTERCLASS TECNOLOXÍA E CREATIVIDADE NA PRODUCIÓN MUSICAL

Mércores 29, de 18h30 a 21h na Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17)

Entrada gratuíta, previa inscrición a través do correo-e producion@academiagalegadoaudiovisual.gal. Dende os sistemas de composición de músicas para o audiovisual máis simples aos máis complexos, o uso da tecnoloxía e da innovación son hoxendía un medio que permite impulsar a creatividade na produción musical.

CAFÉ CON XAVI FONT, MANU RIVEIRO, ARTURO KRESS E NANI GARCÍA

Venres 1, ás 18h30 no Pazo da Cultura de Narón.

Xavi

Xavi Font

M.Riveiro_1

Manu Riveiro

Arturo

Arturo Kress

Nani 02

Nani García

A fondo: Programa Musical

AS NOSAS MÚSICAS, COMPOSITORES GALEGOS

Concerto bandas sonoras do cinema español: As nosas músicas interpretadas pola Orquesta Sinfónica de Galicia

Venres 1 ás 20h30. No Pazo da Cultura de Narón. Entrada gratuíta, previa retirada na billeteira do Pazo da Cultura de Narón (como máximo, 4 entradas por persoa).

mr

Manu Riveiro

El final del camino (O final do camiño) 6′

Músico e compositor, a mediados dos noventa comezou compondo música para teatro no seu concello natal de Catoira e uns anos máis tarde deu o salto ao audiovisual. Isto levouno a realizar un intenso labor creativo tanto a nivel nacional como internacional. Entre os seus últimos traballos como compositor destacan as longametraxes Meñique y el espejo mágico e O Descoñecido, facéndose cun Mestre Mateo 2016 polo seu traballo neste último filme.

ak

Arturo Kress

O bosque animado 7′

En 1998 e 1999 obtivo os premios á Mellor Banda Sonora Orixinal da Asociación Galega de Produtoras Independientes (AGAPI) polas curtametraxes Paranoia Dixital e Sabes que te quero, premios revalidados en el 2006 ao acadar o Mestre Mateo na mesma categoría, pola longametraxe de animación El Sueño de una Noche de San Juan. O seu maior éxito acadouno a composición e dirección musical da banda sonora da longametraxe de animación El Bosque Animado, nomeada pola Academia da Música como Mellor Album de BSO. e galardoada con dous Goya da Academia de Cine ao Mellor Filme de Animación e Mellor Canción Orixinal.

xf

Xavi Font

Vidago Palace 10′

Debutou no mundo audiovisual en 2006 e en 2010 xa contaba cun nomeamento aos XXIII Premios Goya pola composición do tema principal do filme Agallas. Na actualidade leva compostas máis de 30 partituras para cine, entre as que destacan Abrígate, El diario de Carlota, Agallas, Tiempo sin Aire e O Apóstolo, polo que recibe en 2013 o premio Mestre Mateo á mellor música original xunto co premio á mellor banda sonora no Festival de Cine Fantástico de Lisboa. Recentemente, realiza varias bandas sonoras para series de televisión, entre as que destaca a produción galego-portuguesa Vidago Palace e Comtes de Barcelona, en 2017, e Hierro, cuxa estrea está prevista para 2018.

ng

Nani García

Engurras (Arrugas) 13′

Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais, producións para outros artistas. O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras, a multipremiada curtametraxe de animación O Xigante e, neste 2017, The never-ending wall, que o sinala como un dos especialistas no xénero.

A fondo: Programa Musical

AS NOSAS MÚSICAS: FERNANDO VELÁZQUEZ

fv

Compositor de música de concerto, cinema e televisión, o seu primeiro traballo con gran repercusión foi a banda sonora de El Orfanato. Entre as súas partituras para cine podemos destacar Mamá, Crimson Peak, Lo Imposible, Hércules, Ocho apellidos vascos -que é o filme máis taquilleiro do cinema español-, así como numerosas películas independentes, como Babycall, El guardián invisible, Gernika, Zipi y Zape y el club de la canica ou Los ojos de Julia. A súa partitura de Un monstruo viene a verme fíxolle recibir os premios Goya, Feroz e a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos en 2017. Tamén foi nomeado como compositor do ano 2016 pola Asociación de Críticos Internacionais de Música de Cinema.