
Foro Academia Aberta 2013
Como resposta á demanda didáctica de alto nivel por parte dos profesionais do sector audiovisual galego que actualmente non se está a cubrir, a Academia propuxo un ano máis, o terceiro dende a primeira experiencia, un Foro Academia Aberta centrado na formación. Os primeiros en visitar Galicia con ista formulación foron dous cineastas de primeiro nivel como Nacho Vigalondo e Eduardo Chapero – Jackson, que impartiron sendas masterclasses e compartiron os seus coñecementos, experiencias e opinións cos asistentes. Na seguinte quenda foi o director artístico Félix Murcia quen se achegou á nosa comunidade para falarnos do deseño de arte no cine. Neste 2013 a Academia repetiu a experiencia, dirixindo esta masterclass a outra rama dentro do audiovisual: a dirección de fotografía. Para isto convidou novamente a un profesional destacado nesta rama, o director de fotografía Xavi Giménez. Así, os días 12 e 13 de decembro o Plató da Escola de Imaxe e Son de A Coruña
PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO
Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional. Froito desta colaboración, de novo en 2013 as obras audiovisuais gañadoras na XI edición dos Premios Mestre Mateo chegaron un ano máis a Madrid para ser exhibidos na sede da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Os pases das diferentes obras tiveron lugar o xoves 9 e o venres 10 de maio. Comezouse coa exhibición o día 9 de “O xigante” (gañadora na categoría de curta de animación” e continuou co documental gañador “100%CEF”. Para rematar, o día 10 pasouse a curta de imaxe real gañadora “Conversa cunha muller morta” e a longametraxe triunfadora desta edición dos Premios Mestre Mateo “O

Encontros Mestre Mateo 2013
Un ano máis, con motivo da XI edición dos Premios Mestre Mateo, leváronse a cabo os encontros entre os nomeados e as distintas escolas de Imaxe e Son de Galicia. Como tódolos anos, poderíamos dicir que os Encontros Mestre Mateo contan con dúas fases. A primeira, é unha fase de visionado das obras que formarán a mesa, e a segunda o coloquio de ditos nomeados nas propias escolas. A segunda parte, poderíase dicir que é a mais importante, xa que futuros traballadores da industria audiovisual poderán resolver todas as súas dúbidas con profesionais deste sector. Este ano tiveron lugar dende o 12 o 18 de marzo, comezando polo IES Virxe do Mar de Noia, cunha mesa sobre o departamento de Fotografía. Esta mesa estivo composta por Lucía Catoira, directora de fotografía da curtametraxe “Anacos”, Isabel Rega, auxiliar de cámara da longametraxe “Invasor”, 2º auxiliar de cámara da longametraxe “Lobos de Arga”, e foquista do spot “Sairemos como galegos” e
Colaboración Academia Española de Cine 2013
PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional. Froito desta colaboración, de novo en 2013 as obras audiovisuais gañadoras na XI edición dos Premios Mestre Mateo chegaron un ano máis a Madrid para ser exhibidos na sede da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Os pases das diferentes obras tiveron lugar o xoves 9 e o venres 10 de maio. Comezouse coa exhibición o día 9 de “O xigante” (gañadora na categoría de curta de animación” e continuou co documental gañador “100%CEF”. Para rematar, o día 10 pasouse a curta de imaxe real gañadora “Conversa cunha muller morta” e a longametraxe triunfadora desta edición dos Premios Mestre Mateo “O

Anuario 2012-2013
Máis alá das frases feitas, nesta xunta directiva sabiamos que os tempos eran malos e que, dificilmente, todo ía ser suceptible de mellorar. Aínda así, sentímonos especialmente satisfeitos de todas e cada una das actividades que puidemos realizar ao longo destes últimos anos. Todas elas grazas ao tremendo esforzo, colaboración e axuda de moitas persoas, de moitos organismos. Conseguímolo a forza de insistir, de dialogar, de pelexar unha e outra vez facendo uso dos mellores argumentos que temos. Facendo ver con paixón, pero tamén con datos a importancia do noso sector. Non estamos cansos pero cada ano, faise máis e máis dificil sacar adiante os nosos premios Mestre Mateo, ou poder organizar a nosa Academia Aberta, incluso encher de bos contidos o noso Anuario tamén leva o seu traballo. Afortunadamente, cada ano, tamén contamos con maior participación e colaboración para que as galas sigan sendo o espectáculo que, con crise ou sen crise, sempre foi. A asistencia e

XI Premios Mestre Mateo
Este 2013 trouxo unha vez máis moitas satisfaccións e un éxito de convocatoria na undécima edición Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector. Actores, produtores, guionistas, directores, técnicos... que forman parte desta industria. O 6 de abril de 2013 tivo lugar a XI edición dos Premios Mestre Mateo no Palacio da Ópera de A Coruña. A gala, dirixida por Dani de la Torre e guionizada polo propio de la Torre xunto con Araceli Gonda, case conducida polo actor Ricardo de Barreiro e presentada pola coñecida actriz Cristina Castaño non defraudou. Desde a acción, o suspense e especialmente a comedia, teceron unha gala que deparou sorpresas de principio a fin. Repartíronse un total de 25 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi o Xabarín Club. Así, o espectáculo estivo amenizado coa representación do musical “Os Miserables” interpretado