Colaboración Academia Española de Cine 2013

PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO

Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional.

Froito desta colaboración, de novo en 2013 as obras audiovisuais gañadoras na XI edición dos Premios Mestre Mateo chegaron un ano máis a Madrid para ser exhibidos na sede da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.

Os pases das diferentes obras tiveron lugar o xoves 9 e o venres 10 de maio. Comezouse coa exhibición o día 9 de “O xigante” (gañadora na categoría de curta de animación” e continuou co documental gañador “100%CEF”. Para rematar, o día 10 pasouse a curta de imaxe real gañadora “Conversa cunha muller morta” e a longametraxe triunfadora desta edición dos Premios Mestre Mateo “O Apóstolo”.