Anuario 2010-2011

Aquí vos facemos chegar o quinto número de Papeis da Academia, con alguns cambios con respecto a números anteriores pero en definitiva coa mesma esencia, a de intentar achegarvos un pouco a todos parte do que sucedeu e nos sucedeu ao longo deste curso 2010-2011. Non sería xusto deixar para o final o agradecemento que toda a xunta directiva actual quere amosar coa directiva saínte. O seu foi un traballo duro, difícil, non sempre valorado na súa xusta medida e, como dicía un compañeiro na última asemblea da Academia, valente. Na nosa intención está continuar polo mesmo camiño que eles trazaron, o camiño da unidade con asociacions e colectivos que conforman o sector, e de diálogo coa administración. Seguramente agora máis ca nunca é necesario que todos comprendamos que o noso é un sector polo que hai que apostar de maneira firme e sen excusas. Chegamos a onde chegamos co esforzo, o traballo e a implicación de profesionais e das distintas administracions. Un paso

Encontros Mestre Mateo 2011

A semana previa á Gala, teñen lugar os Encontros, proxeccións e mesas redondas onde os máis xoves teñen a oportunidade de ve-los traballos dos finalistas dos Premios Mestre Mateo e falar persoalmente con eles. Ademais, é o espazo onde os finalistas de cada categoría se atopan e intercambian impresións previas ao veredicto do premio o día da Gala. Nesta terceira edición introduciuse a novidade de proxectalos traballos dos finalistas, o que provocou unha grande participación dos alumnos e unha óptima implicación e colaboración por parte das escolas de imaxe e son de Galicia. Este foi o programa: DÍA CIDADE ESCOLA MESA PROXECCIÓN POÑENTES LUNS, 4 DE ABRIL Ourense CIFP A Farixa Dirección de Produción "Man Fred, Home sen Paz” "Koruño, legado de Hércules” "Spot Xacobeo Lobelle” "El mono Paco” Simón Vázquez Érika Esmorís Sara Horta Guillermo Souto MARTES, 5 DE ABRIL Santiago de Compostela O Raio

Foro Academia Aberta 2011

A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión O tema será as novas formas de facer cine en España. Eduardo Chapero-Jackson, director de "Verbo", e Nacho Vigalondo, director de "Los Cronocrímenes" e "Extraterrestre", impartirán sendas masterclass os días 21 de decembro e 22 de decembro respectivamente, no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela, en horario de 16.00 a 20.00h. Poderase asistir a ambas sesións ou só a unha, e en ambos casos entregarase un diploma de asistencia. Os interesados terán que cubrir o formulario de inscrición adxunto e enviárnolo antes do luns, 19 de decembro. As prazas serán limitadas para garantir a calidade das masterclass. Documentos: Folla inscrición FAA_2011 (Word) Programa FAA 2011 (PDF) Folleto_Foro_FAA_11 (PDF) Cartel FAA_2011 (PDF) Folleto_Foro_FAA_11