
Encontros Mestre Mateo 2009
A Academia Galega do Audiovisual preparou os Encontros Mestre Mateo que foron celebrados dende o 20 ao 29 de abril nos diferentes centros de ensino galegos en materia audiovisual. Todos os anos, no mes de xuño e dentro do marco dos Premios Mestre Mateo, a Academia organiza unhas xornadas de debate profesional de cara a obter un balance sobre o estado do noso audiovisual e que a todos nos poida ser de utilidade. Este ano adiantamos estas xornadas a poucos días antes da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo de xeito que os nominados na categorías de mellor dirección fotográfica, música orixinal, guión, animación, longametraxe, interpretación, dirección artística, documentais, curtametraxe de ficción e programa de tv participarán en dez coloquios onde conversaron cos alumnos e outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polo que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral. A continuación achegamos a relación de escolas e facultades e de

Anuario 2008-2009
Velaquí un novo número dos Papeis da Academia, o terceiro, o que grava unha imaxe do que fomos, fixemos e pensamos ao longo do curso 2008-09. Mestura de información e opinión, os Papeis procuran unha vía de expresión á que posiblemente sexa a principal razón de ser desta Academia: axudar a coñecérmonos e a que nos coñezan, ser espazo de diálogo para a causa común de cantos traballamos en e a prol do audiovisual galego. Son os Papeis que corresponden a un curso que, como todos sabemos, resultou ser máis complicado do habitual. Os problemas de coordinación institucional, a prolongada parálise administrativa con motivo do cambio de goberno son fenómenos que non casan ben coa idea de que o audiovisual é un sector estratéxico, que non cadran cun balance cada vez máis variado, complexo e satisfactorio do traballo dos creadores e profesionais. Foi tamén o curso en que unha nova directiva asumimos as rendas da Academia. Facémolo coa ilusión de manter e mellorar

Foro Academia Aberta 2009
Dende a Academia Galega do Audiovisual, organizouse a VII Edición do Foro Academia Aberta que este ano tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela, no Consello da Cultura Galega – Pazo de Raxoi-, os días 29 de outubro, 5 e 11 de novembro. O Foro Academia Aberta é un espazo adicado ao debate e á discusión daqueles aspectos do audiovisual galego que preocupan aos profesionais do sector. Nesta VII Edición o tema do Foro Academia Aberta foi a situación da política audiovisual e o debate sobre a súa ubicación no panorama institucional actual. O Foro Academia Aberta 2009 foi inaugurado o día 28 de outubro ás 17.30 horas por Pepe Coira, Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual; Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios e D. Xosé López García, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Previamente ao acto de inauguración, celebrouse unha rolda de prensa dedicada á presentación do foro. Tivo lugar o 21 de outubro no Clube Internacional de Prensa de