Encontros Mestre Mateo 2009

A Academia Galega do Audiovisual preparou os Encontros Mestre Mateo  que foron celebrados dende o 20 ao 29 de abril nos diferentes centros de ensino galegos en materia audiovisual.

Todos os anos, no mes de xuño e dentro do marco dos Premios Mestre Mateo, a Academia organiza unhas xornadas de debate profesional de cara a obter un balance sobre o estado do noso audiovisual e que a todos nos poida ser de utilidade.

Este ano adiantamos estas xornadas a poucos días antes da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo de xeito que os nominados na categorías de mellor dirección fotográfica, música orixinal, guión, animación, longametraxe, interpretación, dirección artística, documentais, curtametraxe de ficción e programa de tv participarán en dez coloquios onde conversaron cos alumnos e outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polo que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral.

A continuación achegamos a relación de escolas e facultades e de disciplinas do audiovisual que acolleu cada unha.

20 de abril de 09
Dirección de fotografía:

Lugar: Escola de Imaxe e Son de A Coruña.; plató de tv.
Hora de comezo: 18:30h.

Poñentes:
Suso Bello, nominado por “Os mortos van á présa”
Moderador:
Pepe Barba, profesor da Escola de Imaxe e Son

21 de abril de 09
Mellor Música Orixinal:

Lugar: Conservatorio Superior de Música de A Coruña
Hora de comezo: 19:00h.

Poñentes:
Arturo Kress, “Os mortos…”
Manuel Riveiro, “Libro de Familia”
Piti Sanz, “La noche que…”
Zeltia Montes, “Pradolongo”
Moderador: Mario Seoane, profesor de Composición do Conservatorio

23 de abril de 09
Mellor obra de Animación:

Lugar: Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña; Salón de Graos
Hora de comezo: 18:30h.

Poñentes:
Alberto Neira, director de produción de Bren Enterteinment, por “Pérez 2, o ratiño dos teus soños”
Chelo Loureiro, produtora executiva de “A crise Carnívora”
Jorge Morais, director de “O pintor de ceos”
Juan Carlos Pena, co-director de “O espírito do bosque”
Miguel Mariño, director de desenvolvemento de Alén Filmes, por “A miña casa é un inferno” e “Homeless, sen teito”
Tomás Conde, director de “O soldadiño de chumbo”
Moderador: Jose Juan Videla Rodríguez, decano da Facultade de Comunicación da UDC.

24 de abril de 09
Mellor longametraxe de ficción:

Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo (organizado pola Fundación Tic)
Hora de comezo: 12:00h.

Poñentes:
Ángel de la Cruz, “Os mortos…”
Manane Rodríguez”, “Un cuento para Olivia”
Moderador:
Xose Antonio Corredoira, director da Fundación Tic

27 de abril de 09
Mellor intérprete protagonista e de reparto:

Lugar: IES Audiovisual de Vigo (Bouzas)
Hora de comezo: 19:00h.

Poñentes:
Antonio Durán “Morris”, por “Os mortos…” e “Padre Casares”
Camila Bossa, por “A mariñeira”
Tamara Canosa, por “Pradolongo”
Moderadora: Mariana Carballal, actriz e profesora da ESAD

28 de abril de 08
Mellor dirección artística:

Lugar: Facultade de Belas Artes de Pontevedra; aula 16
Hora de comezo: 20:00h.

Poñentes:
Curru Garabal, “La noche que…”
Suso Montero, “Flores Tristes”
Moderador: Fernando Suárez, profesor de arte eléctrónica da Facultade.
Gravación de audio: Feita por Mr.Misto. Xa a temos con nós.

29 de abril de 09
Mellor curtametraxe de ficción:

Lugar: Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI); sala de cine.
Hora de comezo: 16:00h.

Poñentes:
Ángel Santos Touza, director de “O cazador”
Carlos Prado Pampín, director de “Vellas”
Rubén Coca, dirctor de “Mínimo Común Múltiplo” e codirector de “A princesa alegría”
Moderador: Carlos Piñeiro, profesor da EGACI

29 de abril de 09
Mellor programa de tv:

Lugar: Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV); plató de tv
Hora de comezo: 19:00h
Poñentes:
Alejandro Macías, presentador de “Criaturas”
Fran Velo, director e guionista de “Hai que mollarse”
Jorge Mira, colaborador de “Cifras e letras”
Moderadora: Miriam Rodríguez, alumna do EISV