“Pode ser” é a última curtametraxe producida por Mr Misto Films, que grazas ao seu apoio constante está a levar ao máis alto esta magnífica peza artística do director Carlos Seijo. A sexta edición do Barcelona Visual Sound celebrarase entre o 17 e o 27 deste mes na cidade condal.
E é que, “Pode ser” está de noraboa xa que se acaba de converter na única curtametraxe galega seleccionada na sexta edición do prestixioso festival Barcelona Visual Sound, que se celebrará entre o 17 ao 27 deste mes, caracterizado pola orixinalidade, creatividade e inxenio que aportan os realizadores participantes deste evento cultural. A curtametraxe dirixida por Carlos Seijo terá a ocasión de competir con 30 obras, algunha delas tan importantes coma El ataque de los Robots de la Nebulosa-5 seleccionada no pasado Festival de Sundance e gañadora de numerosos premios ao longo de festivais de todo o mundo, ou coas tamén premiadísimas Jingle Bells e Babies for Gina.
A curtametraxe galega “Pode ser”, interpretada pola actriz Camila Bossa e o polifacético Tonhito de Poi, xestouse a finais de xullo no IV Festival de Curtas Creativas On&Off de Ribadeo, organizado por Mr Misto Films e que contou coa colaboración da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega do Audiovisual. Durante eses días, a vila mariñeira de Ribadeo convertíuse nun fermoso plató onde o equipo de rodaxe de Seijo traballou incansable para que a curtametraxe se puidera preestrear na gala de clausura do certame. Así e todo, aínda quedaban por diante uns duros meses de traballo para Carlos, que ademais de ser o guionista e director da peza, foi o músico e posprodutor de imaxe de Pode ser engadíndolle a súa maxia persoal a todos os procesos da creación audiovisual.
Pero se falamos de “Pode ser” inevitablemente teremos que facelo dunha das anteriores pezas do director coruñés, Sen escrúpulos, gañadora no 2007 do concurso de curtas exprés A Toda Mecha, incluido no III Festival On&Off, o que lle premitíu gravar “Pode ser” un ano despois. A curta Sen escrúpulos, baseada na forza constructora que teñen os bicos, estivo incluida na programación do Curtocircuito e do Festival de Cine de Ourense, entre outros. Ademais, o polifacético artista foi gañador do GzCrea 06 coa creación audiovisual Élévation.