PLAY-DOC 2011 XA ESTÁ AQUÍ

15 / 03 / 2011

Finalmente pódese dicir que Play-Doc 2011 xa está aquí. E non foi nada doado xa que este ano houbo serias dificultades para saca-lo festival adiante. Ao final con sacrificio e imaxinación a organización armou un programa moi atractivo para esta edición que agardan poder disfrutar con todo o público.

Un montón de cineastas internacionais e outros tantos de Galicia daranse cita do 30 de marzo ao 3 de abril en Tui para mostra-las últimas tendencias do xénero documental.

Ademais como cada ano, tamén haberá unhas actividades paralelas moi interesantes, así coma os habituais concertos que este ano prometen. Podedes informarvos máis na web do festival www.play-doc.com

Categoría: Novas
Etiquetas: