PETER OLAF FALOU DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

18 / 12 / 2004

Peter Olaf, presidente do Grupo Europea da UER (Unión Europea da Radio e Televisión) e UET (Unión Europea Televisión) e da EICTA (Asociación Europea de Productores de Tecnoloxías do Consumidor) sobre o fomento do Persoal Dixital Recorders (PDR) para a televisión dixital terrestre, analizou as implicacións da interactividade e a televisión dende unha perspectiva práctica, considerando a televisión potenciada (Enhanced TV) e a televisión participativa, así como a televisión dixital interactiva. Examinou tamén tres factores que poden fomenta-la televisión dixital: máis elección, cualidade técnica e personalización. Neste contexto, afirmou, discútese a importancia relativa da interactividade como impulsora da televisión dixital.
PETER OLAF FALOU DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

A interactividade é un dos catro motores da televisión dixital

Santiago, sábado 18 decembro 2004.- Peter Olaf, presidente do Grupo Europea da UER (Unión Europea da Radio e Televisión) e UET (Unión Europea Televisión) e da EICTA (Asociación Europea de Productores de Tecnoloxías do Consumidor) sobre o fomento do Persoal Dixital Recorders (PDR) para a televisión dixital terrestre, analizou as implicacións da interactividade e a televisión dende unha perspectiva práctica, considerando a televisión potenciada (Enhanced TV) e a televisión participativa, así como a televisión dixital interactiva. Examinou tamén tres factores que poden fomenta-la televisión dixital: máis elección, cualidade técnica e personalización. Neste contexto, afirmou, discútese a importancia relativa da interactividade como impulsora da televisión dixital.

Dixo tamén que dende o punto de vista histórico, a televisión dixital (DTV) é un fenómeno relativamente novo. En Europa, as emisións experimentais comezaron a principios dos 90 e entraron en operación no 1997. A televisión dixital interactiva (iDTV) xurdíu tamén ó mesmo tempo, e entón moitos dentro da industria –incluíndose a si mesmo- tiñan grandes expectativas da interactividade como impulso para a televisión dixital. Máis de seis anos despois, a televisión dixital está finalmente progresando a través de Europa ver Shulzycki (2004) así que é quizais un bo momento para considerar –dixo- a natureza evolutiva do termo “interactivo” e o noso coñecemento do impacto da interactividade na televisión dixital en Europa.

Lembrou que dende a Segunda Guerra Mundial, as canles a través das cais os espectadores poden tomar parte, aumentaron en nº, están máis ó alcance do público e por iso, son usados en maior grao. As necesidades subxacentes –participar para gañar un premio ou ser recoñecido- non cambiaron maiormente. Aumentou tamén o nº de televidentes que queren participar: rexistrouse unha taxa do 15% de participantes. Falou da súa experiencia neste terreo, baseada fundamentalmente en videodiscos interactivos nos 80 e o seu potencial no ensino e na aprendizaxe, anque o videodisco nunca se convertíu en éxito de consumo, pero si foi preveedor de productores e equipos de desenvolvemento, cunha plataforma sofisticada para o desenvolvemento de convencións narrativas de medios e servicios interactivos.

Qué importancia ten a interactividade?

A interactividade, dende o punto de vista técnico ten implicacións radicalmente diferentes para a infraestructura de distribución e emisoras e operadores. A primeira resposta é para Olaf, polo tanto, a seguinte: a qué clase de interactividade se refire?. Dende agora, até o 2008, moitos países europeos están na fase DSO: a televisión dixital terrestre está sendo introducida rexión por rexión –por exemplo, Noruega e Alemania-, ou en todo o país (Suecia e Gran Bretaña), e isto comprende un período no cal as canles análogas e dixitais son simultáneas. Dixo tamén que se estamos interesados en asegura-la aceptación universal da televisión dixital de xeito que a ASO teña lugar co mínimo de problemas, posiblemente precisaremos enfocar até qué punto a interactividade, con ou sen canle de retorno, vai impulsa-la adopción e o uso da DTT durante DSO.

Para Peter Olaf, hai outras opcións que a interactividade con demandas competitivas para a banda ancha ten, e subliñou como as máis importantes:
1. Ofrecer ós televidentes máis elección en forma de canles de definición común, en principio con máis ampla programación
2. Ofrecer ós televidentes melloras técnicas en forma de mellor cualidade de imaxe e resolución, e tamén máis bandas sonoras
3. Ofrecer máis flexibilidade en forma de personalización – permitindo a calquera ver calquera programa, a calquer hora, donde sexa (e en calquera aparato)

Se estamos de acordo en que a interactividade é un dos catro motores da televisión dixital, podemos –afirmou- titular esta ponencia dun xeito máis preciso: dende a perspectiva do televidente, qué importancia ten a interactividade para fomenta-la televisión dixital, comparándoa con máis elección, avances técnicos ou personalización?”

Conclusións

Salientou que o obxectivo da súa presenza neste Congreso foi dar un aviso sobre a televisión dixital interactiva en poucas palabras. Co obxecto de ter éxito non somentes coa televisión dixital interactiva, senón coa televisión dixital per se, convinción que –recaldou- precisamos estudar amplamente tódolos impulsores que promovémo-la súa adopción.

Os que estean interesados en iDTV deberían interesarse polo menos no mesmo grao en televisión potenciada e televisión participativa, e examina-las implicacións de máis elección, melloras técnicas e personalización. Só visto dende este punto de vista, e só cando nos preocupemos por desenvolver programas e servizos interactivos con e para os usuarios, poderemos confiar razoablemente en que os nosos esforzos, terán posibilidade de éxito.

Categoría: Novas
Etiquetas: