PEDRO REVALDERÍA ABORDARÁ AS CLAVES DA PRODUCIÓN TELEVISIVA NO MPXA

3 / 03 / 2014

Pedro Revaldería, conselleiro delegado de Producciones Mandarina, estará o vindeiro venres 7 de marzo no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Durante esta xornada, Relvadería analizará as técnicas de xeración, xestión e produción de ideas en televisión, así como o ciclo de vida dun formato televisivo e os factores clave para o seu éxito. Ademais, fará un balance do panorama actual do mercado televisivo e porá casos prácticos dos modelos de traballo seguidos polas diferentes canles nacionais.

Revaldería ocupou diversos cargos en produtoras e canles públicas e privadas de España. Durante dous anos foi director xeral de Plural Entertainment e, anteriormente, traballou como director de produción e contidos en Telecinco, director de programas en Antena 3 eCanal Plus, e director de produción e contidos de CITSA (Compañía Independiente de Televisión de Sogecable).

Na actualidade é conselleiro delegado de Producciones Mandarina, unha das principales proveedoras de contidos do grupo Mediaset, artífice de programas de entretemento como I love tv, Lo sabe no lo sabe, Te vas a enterar, Qué tiempo tan feliz ou Las mañanas de Cuatro; e de reportaxes de actualidade e documentais de televisión como Miguel Ángel Blanco: el día que me mataron e La historia de la más grande jamás contada. O último proxecto da produtora é o programa culinario Mi madre cocina para Cuatro que está en fase de produción.

Categoría: Novas
Etiquetas: