Papeis 2014-2015
Presentamos unha nova edición dos Papeis da Academia que neste 2015 é totalmente dixital. Coincidindo coa renovación da nova páxina web, na Academia queremos ir un paso máis aló na súa evolución e converter a publicación nunha ferramenta da web permanentemente actualizada e que nos permita ter unha panorámica do sector, chegando así a máis público.
Queremos que por un lado recolla informes e reportaxes máis profundos sobre cuestións de actualidade do audiovisual e por outro que se constitúa como unha base de datos, onde poder consultar información das obras e profesionais galegos. Así, neste ano comeza esta última transformación dos Papeis.
Patrocinadores
Créditos
EDITA:
Academia Galega do Audiovisual
Praza Pintor Sotomayor nº 1, 2º
15001 A Coruña
Tel: 981 227 701 / 981 208 393
VOGAIS DE COMUNICACIÓN:
Carlos Ares, Luisa Romeo, María Yáñez, Manolo González e Irene Lourido
COORDINACIÓN EDITORIAL:
Ana M. López, Camilo Franco e Marisela Lens
Os autores dos artigos desta edición expresan libremente os seus puntos de vista, que non son necesariamente compartidos polo conxunto da Academia. Esta acolle no seu seo unha pluralidade de opinións.