Premio de Honra Pedigree´11, dotado coa estatuíña do Can de Pedra: Antonio Durán Morris.

Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Mr Bear, dirixida por Andrés Rosende, porque conxuga a técnica, a interpretación e o humor, nun exercicio de ironía pura e dura.

Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela, porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou.

Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.000 euros: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela.

Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: O xigante, dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler, que o xurado valorou como un auténtico poema visual.

Premio do público á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.000 euros: El club del bromista, dirixida por Luis Usón.

Premio do xurado á mellor interpretación masculina, dotado co Can de Pedra e 200 euros: Luis Zahera, por Conversa cunha muller morta. Convence por unha interpretación contida e crible, conseguida cunha economía xestual, que fai que o público se poña na pel dun personaxe moi difícil.

Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra e 200 euros: Teresa Fraga, por Dúas letras, por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida.

Premio do xurado ao mellor guión, dotado co Can de Pedra e 200 euros: El baile maldito, escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca, pola orixinalidade da exposición e por xogar con dous tempos narrativos entre a realidade e a imaxinación.

Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez. Ás veces, a solvencia técnica pode ser un obstáculo para facer un bo videoclip, pero Rubén Domínguez non cae nesa tentación. O videoclip é honesto, directo, precario, retranqueiro e gamberro. O diálogo entre a música e o videoclip é limpo e horizontal e o resultado, coherente e politicamente cargado, cun intelixente uso da súa linguaxe audiovisual underground.

Premio do público ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez.