“PADRE CASARES” PRECISA FIGURANTES

19 / 08 / 2010

A produtora de “Padre Casares”, Voz Audiovisual, decidiu convocar un casting de figurantes con motivo do comezo da rodaxe de novos capítulos desta afamada serie emitida na TVG, que estrea nova temporada no mes de setembro.

As probas de selección están abertas a persoas de calqueira idade e complexión física, con ou sen experiencia previa ante as cámaras.  Terán lugar o próximo venres 20 de Agosto nas instalacións de Voz Audiovisual da Coruña (Rúa Gambrinus, 97, Polígono da Grela), cun horario de 10 a 14, e de 16 a 18 horas.

Non será necesario concertar cita previa, senón que bastará con presentarse entre as horas sinaladas. No caso de estar interesados e non poder acudir ao casting, aqueles que queiran participar poden enviar os seus datos, acompañados de dúas fotografías á seguinte dirección: anamaria.fontan@vozaudiovisual.com. Para calqueira duda, poderán contactar tamén telefonicamente  no 629 613 376, entre as 10:00h. e as 16:00h.

Categoría: Novas
Etiquetas: