“PADRE CASARES” FINALIZA A GRAVACIÓN DA SÚA XI TEMPORADA, QUE CHEGARÁ Á TELEVISIÓN DE GALICIA EN OUTONO

8 / 06 / 2012

O equipo de “Padre Casares” acaba de finalizar a gravación dos capítulos correspondentes á undécima temporada da serie. O próximo outono, a Televisión de Galicia emitirá 15 novos capítulos da exitosa ficción que, coas novas entregas, chegará ata os 159; nove máis que “Mareas vivas” todo un fito da TVG, producido tamén por Voz Audiovisual.
¿Qué terá sido dos parroquianos de Santo Antonio de Louredo? O pasado 16 de abril, a TVG emitía o capítulo 144 da serie Padre Casares, que servía de peche para a súa tempada número 10. Máis de 4 anos en antena fixeron da produción de Voz Audiovisual un dos maiores fitos da Televisión de Galicia. En outono, saberemos cómo segue a historia…

Precisamente, coa gravación destes 15 novos capítulos, as aventuras dos parroquianos máis famosos de Galicia cruzaron a barreira dos 150; unha cifra só reservada para os grandes éxitos de audiencia, porque é o público galego o que, co seu apoio incondicional, decide que títulos chegan a esta meta.

Catro años de récord

Na súa estrea, en xaneiro do 2008, a serie alzábase co primeiro posto de audiencia da ficción da TVG e marcaba un fito na historia da televisión en España, ao sela única proposta capaz de vencer no seu territorio ao invencible C.S.I. (Tele 5). Tal éxito chamaba entón a atención de diversos medios nacionais, entre eles La Gaceta de los Negocios, que o 7 de maio  titulaba:: “El Padre Casares desbanca a Grissom”, e cualificaba de “auténtico tesoro” á produción galega.

Coa emisión da temporada 3, Padre Casares pasou de ser a serie máis vista da Televisión de Galicia, tal como reafirmara a emisión da segunda tempada, a ser a serie máis vista en toda Galicia. Imporíase entón a grandes éxitos como Cuéntame (TVE 1) e Sin tetas no hay paraíso (Telecinco).

O inicio do ano 2009 non puido ser mellor: O primeiro capítulo do ano logrou un share récord do 36,4%. O mesmo ano, a Televisión de Galicia pechaba a emisión da cuarta tempada, cun share medio por encima do 28%. A serie era líder de audiencia da Televisión de Galicia por segundo ano consecutivo. A emisión das tempadas 8, 9 e 10, durante os últimos 2 anos,  afianzou a Padre Casares como a serie máis vista da TVG.

Premios

– Dous premios Mestre Mateo 2008 á Mellor Serie e á Mellor Realización.
– Premio ATV á Mellor Ficción Autonómica.
– Catro nominacións aos Premios Ninfa de Oro do Festival de Televisión de Montecarlo, o máis importante do mundo.
– Premio Bravo, da Conferencia Episcopal Española, polo fomento dos valores humáns.

Versións

– Versión andaluza: Padre Medina. Durante a súa emisión, foi a segunda serie andaluza máis vista de Canal Sur, tras Arrayán.
– Versión balear: Mossèn Capellà. Foi o programa máis visto da Televisión Balear e logrou triplicar a cota de audiencia da canle autonómica.
– O formato orixinal (dobrado ao castelán) foi estreado por Telemadrid, que comprou os dereitos de emisión da primeira tempada (13 capítulos).
– Castilla La Mancha Televisión iniciou tamén a emisión de Padre Casares, tamén en prime time. Trátase do mesmo dobraxe de Telemadrid.
– Versión valenciana: Senyor Retor. Triplicou a audiencia media da canle.

 

Etiquetas: