Mesa redonda “Políticas para o audiovisual galego”

O día 2 de febreiro do presente ano, a Academia Galega do Audiovisual organizou unha mesa redonda na que os representantes dos tres partidos políticos maioritarios en Galicia presentaron as súas políticas audiovisuais de cara as eleccións do 1 de marzo.

Os socios da Academia puideron preguntar e debatir cos políticos as súas propostas. Os convidados foron: Diego Calvo, Vicesecretario do PP en Galicia, José Manuel Lage Tuñas, Deputado e Secretario de formación do PSdeG-PSOE e Xosé Ramón Paz Antón, Deputado do BNG. A mesa redonda estivo moderada pola redactora e presentadora, Mayte Cabezas.

{morfeo 35}