OUFF E O CINECLUBE PADRE FEIJOO PRESENTAN O CICLO “CINE E MULLER”

28 / 02 / 2011

Para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade súmase á programación conxunta de OUff e Cineclube Padre Feijóo ofrecendo un especial Cine e Muller: filmes que falan da muller en diferentes lugares do mundo coma Exipto, América Latina ou España.

O 1 de marzo terá lugar a proxección de “Mulleres d´O Cairo” de Yousry Nasrallah,; o mércores 2 de marzo será o turno de “Campo de Batalla” de Amancay Tapia e “Loitadoras”, de Benet Román. Para rematar, o xoves día 3 proxectarase “Plans para mañá” de Juana Macías.

Os pases serán no horario habitual, 20:30 e 23:00 horas, no Cinebox. (Inicialmente estaba previsto unha soa sesión, pero a grande afluenza de público obríganos a seguir coa dobre.). A entrada é gratuíta, recolleranse na billeteira o mesmo día de cada proxección dende as 17:00 h.

Categoría: Novas
Etiquetas: