OUFF E CINECLUBE PADRE FEIJOO PRESENTAN “RIP! A REMIX MANIFESTO” DE BRENT GAYLOR

14 / 06 / 2011

O primeiro semestre do Espazo de Cinema chega ao seu fin con RIP! A Remix Manifesto, terceira e última proposta do ciclo Docuficción. A fita canadiana, dirixida por Brent Gaylor, traza pasado, presente e futuro dos conceptos de propiedade intelectual, copyright e copyleft, orixinalidade, creatividade e, en última instancia, cultura. RIP! … é o resultado de seis anos de traballo no que se mesturan obras de diversos autores (tanto música coma imaxe) para dar lugar á primeira película mash-up da historia.

A proxección será este mércores 15 de xuño ás 20.30h e 23.00h en segundo pase.

Categoría: Novas
Etiquetas: