OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO DOCUMENTAL NO MACUF

20 / 05 / 2013

Os sábados do 25 de maio ao 22 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00h, terá lugar no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa un Taller de Iniciación ao Documental III sobre a edición, impartido por Daniel Viqueira. A inscrición está aberta ata o 21 de maio.

Dirixido a todos aqueles que desexen iniciarse con Adobe Premier CS6 Pro, o obxectivo do curso é achegar o alumno á edición cun programa profesional. Realizaranse e analizarán exercicios prácticos como: secuencias de acción, teasers, tráileres, videoclips e, por suposto, documentais. Neste taller, a través dun espazo de traballo teórico-práctico, o alumno madurará o seu punto de vista como editor. Este taller é o último dun ciclo audiovisual composto por outros dous talleres en torno ao xénero documental. Os alumnos deste ciclo traballarán cos brutos gravados no taller de documental. Pero o taller de edición con Premier CS6 funciona de modo independente e todo aquel que desexe coñecer o programa e a edición é benvido. Todos poderán traballar nos seus propios proxectos.

Categoría: Novas
Etiquetas: