OBRADOIRO DE CURTAMETRAXE NO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

29 / 01 / 2014

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa de A Coruña abre o prazo de inscrición para o obradoiro de curtametraxe impartido por Érica Esmorís.

Nel os alumnos coñeceran de primeira man todo o proceso creativo da curtametraxe de ficción e documental, aprendendo produción, realización, fotografía, son e montaxe a través dun exercicio teórico práctico que permita que, ao finalizar o obradoiro, cada alumno teña as ferramentas precisas para levar a cabo os seus proxectos.

Máis información en http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297140333116/10_informacion_general_cursos_y_talleres_mac_corto_2014.pdf

Categoría: Novas
Etiquetas: