O vindeiro mes de outubro comeza no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF) o obradoiro Cinearte: a pantalla como lenzo, que se prolongará ata xaneiro de 2013, impartido por Javier G. Trigales.

Os sábados do 6 de outubro de 2012 ao 26 de xaneiro de 2013, de 11.00 a 14.00h, o curso fará un percorrido xeral e heterodoxo polas relacións entre cine e arte, dende o seu nacemento ata os nosos días. Rastrearanse as conexións que establece coa pintura, a música ou a fotografía, estudaranse as vangardas e coñecerase aos artistas que se converteron en cineastas. Descubriranse as obras audiovisuais que enchen as salas de exposicións e museos de todo o mundo.

Todo aquel interesado polo cine, a imaxe e as artes en xeral, estudantes de audiovisuais, alumnos de belas artes, xornalismo, historia da arte e todo o público con inquietudes que pretendan coñecer a historia e o significado do arte dentro do cine, pode inscribirse e obter máis información deste obradoiro no enlace http://www.macuf.es/htdocs/actividades_taller_cinearte.html