O MUSEO VERBUM DE VIGO PROXECTA O PALMARÉS DO XIV FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE

3 / 08 / 2010

O museo Verbum – Casa das Palabras de Vigo presentará as obras galardoadas na edición de 2009 no Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff), co que o Concello de Vigo colabora a través do premio á mellor dirección de curtametraxes. Así, os cidadáns de Vigo poderán ver o palmarés da pasada edición do Ouff coas gañadoras nas principais categorías: mellor película, premio do público, mellor documental, mellor curtametraxe, mellor película de animación, innovación e novos medios, e eixo atlántico.

Categoría: Novas
Etiquetas: