O MACUF ACOLLE O CICLO DE DOCUMENTAIS DANESES CITIES ON SPEED

9 / 03 / 2012

Os venres do 9 ao 30 de marzo, o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF) de A Coruña organiza, en colaboración coa Embaixada de Dinamarca en España, o ciclo de documentais “Cities on Speed”, que versa sobre as megaurbes que se poden encontrar no mundo no occidental.

¿Como podemos facer interesantes para os occidentais os avances do mundo non occidentalizado? Esa pregunta fixérona dous comisarios de cine do Danish Film Institute, Dola Bonfils e Michael Haslund-Christensen. Fai dous anos iniciaron un proxecto cinematográfico para explorar visións sobre o futuro urbano da humanidade, centrándose no desenvolvemento das chamadas megacidades do mundo non occidental. Diversos cineastas do seu país realizaron documentais dunha hora de duración en torno a algunhas de ditas urbes.

O froito deste proxecto vaise poder ver no MACUF os venres deste mes de marzo. Abrirá as sesións hoxe, día 9, Shanghai Space, de Nanna Frank Møller, sobre esa cidade china. Seguiranlle Bogotá Change, de Andreas Møl Dalsgaard, sobre a capital colombiana (o 16 de marzo), Mumbai Disconnected, de Camilla Nielsson e Frederik Jacobi, sobre Bombay, a capital india (o 23 de marzo) e Cairo Garbage, de Mikala Krogh, sobre a capital exipcia (o 30 de marzo). Tódalas sesións comezarán ás 20:00 horas.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: