O ICEX ORGANIZA UN ENCONTRO DE PRODUTORES E COMERCIAIS ESPAÑOIS CON PRODUTORES E DISTRIBUIDORES BRITÁNICOS

17 / 07 / 2009

O ICEX convoca para o 1 de outubro un encontro entre produtores e axentes de vendas españois con produtores e distribuidores británicos en colaboración co UK Film Council, Tristana Media e FAPAE. Os proxectos candidatos deberán reunir unha serie de requisitos enumerados na convocatoria.

Para todos aqueles que esteades interesados en participar, debedes ter en conta as seguintes datas:

25 de xullo: para facer efectivo o pagamento dunha fianza de 300 euros que será reintegrada ao final do evento.

31 de xullo: para presentar o formulario de solicitude, o de presentación de proxectos e a documentación solicitada na convocatoria. Toda esta documentación debe ser remitida ao ICEX.

Os gastos de aloxamento dunha noite de hotel corren a cargo da institución pública, mentres que o desplazamento irá a cargo das empresas participantes.

Categoría: Novas
Etiquetas: