O I Festival Internacional de Curtametraxes de Sanxenxo, o Festival da Madama, ten como obxectivo principal chamar a atención sobre o traballo da muller no eido audiovisual. O certame celebrarase entre os días 19 e 21 de febreiro, organizado polo Concello de Sanxenxo e pola produtora Mr. Misto Films.
A vila pontevedresa de Sanxenxo acollerá os vindeiros días 19, 20 e 21 de febreiro o I Festival da Madama, que nace neste 2009 coa intención de poñer en valor o traballo da muller no eido audiovisual e afondar na particular ollada feminina e a súa reflexión nunha obra cinematográfica.

A intención desta iniciativa pioneira en Galicia é a de, sen deixar de dar cabida a outras olladas, poñer o aceno no protagonismo da muller á hora de levar a cabo un proxecto audiovisual, asumindo calquera dos roles que participan nunha produción.

Así, durante os tres días de duración desta primeira edición pasaranse vinteoito curtametraxes dos xéneros de ficción e animación, procedentes tanto de Galicia como do resto do Estado, e con olladas tanto masculinas como femininas, pero que, dun xeito ou doutro, serven para poñer de relieve e recoñecer a participación das mulleres na produción audiovisual.