No transcurso da Xuntanza de Nomeados que tivo lugar no Domus da Coruña, fíxose a entrega do premio especial “José Sellier”, que a Academia Galega do Audiovisual concedeu este ano ao programa En Xogo da TVG.

Tras agardecer a entrega do galardón o director de Deportes da canle autonómica, Benito Cores, dixo que o premio no era só para En Xogo senón que en realidade era «para media casa porque a metade dos profesionais da Televisión de Galicia teñen pasado por ese programa».

Pola súa parte o xornalista Alfonso Hermida adicou o premio «aos pioneiros do xornalismo deportivo en Galicia» e aos «centos e centos de profesionais que nos seus 31 anos de historia pasaron por En Xogo». Asimesmo tivo un recordo especial para quen fora lingüista e colaborador do programa Salvador Pérez Froiz, «polo traballo de documentación e divulgación que realizou dunha linguaxe entón prácticamente descoñecida e que hoxe está asumida por todos os profesionais e espectadores dos programas deportivos en Galicia». Hermida lembrou que “a historia de En Xogo é, en realidade, a historia da Televisión de Galicia. Hoxe é un oasis de rigor, profesionalismo, cordura e mesura”.

En Xogo ok