O DIRECTOR XERAL DE TELECOMUNICACIÓNS DO MINISTERIO DE INDUSTRIA VISITA O STAND DO CLAG EN BROADCAST 09

9 / 11 / 2009

O director xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Bernardo Alonso, acompañado polo presidente e o director xeral de IFEMA, Jose María Alvarez del Manzano e Fermín Lucas, respectivamente, visitou o stand do CLAG no Salón Profesional Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, Broadcast 09, ao que asitíu cunha delegación de 13 compañías galegas.

O CLAG participou en Broadcast do 3 ao 6 de novembro cun stand,  compartido cos clusters audiovisuais de Valencia, Euskadi e Madrid, unha fórmula que resultou moi eficaz e atractiva para os profesionais visitantes da feira. Neste espazo, a delegación galega (composta por Abano Producións, Ficción Producciones, Voz Audiovisual, Iblo Media, Perro Verde Films, R, Filmax, Filmanova, Spica, Adivina, Artemática, TV7 e Enxebre Entertainment) mantivo diversas  reunións de negocio con empresas e profesionais do sector. O CLAG, á súa vez, representado pola súa xerente, Carla Reyes, mantivo encontros con empresas vascas e madrileñas, así como cos responsables do Forumtech, que terá lugar a finais de novembro en Valencia.

Presencia do Foro de Clústers Audiovisuais en FICOD

No marco de Broadcast 09 tivo lugar a celebración dunha reunión por parte dos xerentes do Foro de Clústers Audiovisuais – que o integran os entes audiovisuais de Galicia, País Vasco, Estremadura, Baleares, Canarias, Madrid e Valencia -.  Na xuntanza déronse os primeiros pasos para avanzar na elaboración dun Plan de Innovación para o sector audiovisual español, tarefa encomendada polo director xeral do ICAA, Ignasi Guardans, na reunión que os representantes do Foro de Clústers mantiveron o pasado 28 de setembro en Madrid.

Ademáis, na reunión fixaron para a segunda semana de decembro a data do III Foro de Clústers en Valencia, cita que contará coa presencia de Ignasi Guardans e na que o CLAG presentará a Guía da Innovación do sector audiovisual, un manual elaborado polo CLAG para impulsar la innovación en las empresas del sector.

Asemade, os xerentes dos clusters coordinaron a súa presencia no Foro Internacional de Contenidos Digitales,  FICOD, que terá lugar do 17 ao 19 de novembro en Madrid, e onde a iniciativa do CLAG os clusters contarán cun stand colectivo composto polos sete cluster audiovisuais.

Complementariamente, os empresarios galegos e os responsables do CLAG participaron nas diferentes actividades e foros de debate,  para a análise da realidade dun sector que está encarando importantes retos, como o apagamento analóxico, o proxecto de Lei Audiovisual, a concesión de novas licenzas, ou o desenvolvemento da Alta Definición, entre outros.

Esta misión empresarial do CLAG enmárcase no Plan de Internacionalización que vén desenvolvendo con grandes resultados desde 2007. No que vai de ano o CLAG asistiu aos mercados audiovisuais de carácter internacional máis importantes do sector: EFM Berlín, Mobile World Congress, Cartoon Movie, Marche du Filme, MIPTV, IBC Ámsterdam e recentemente ao MIPCOM en Cannes e ao  Málaga Market.

Categoría: Novas
Etiquetas: