O novo traballo de Pablo Iglesias reunirá hoxe xoves 20 de novembro no Auditorio da Aula Cultural da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, a un gran número de autoridades, medios de comunicación, persoas do audiovisual galego e o propio elenco.
Basedado na obra do mesmo título do escritor uruguaio Mario Benedetti, que leva vendidos mais de 300.000 exemplares, Pedro e o Capitán é unha historia con dous únicos personaxes protagonistas, un militar torturador e un preso político torturado, que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos nos que se divide o filme, están situados nunha sala de interrogatorios. É unha historia dun conflicto que vai máis alá do meramente ideolóxico.

Pedro e o Capitán, longametraxe de Ledesma Producións en coprodución con Rosp, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Caixa Galicia, Foro Galego do Audiovisual, Televisión de Galcia ,Cinemar e o Concello de Santiago.