O Consorcio Audiovisual de Galicia vai asistir ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián, o cal terá lugar do 18 ao 27 de setembro de 2008. Este ano, por primeira vez, o Consorcio vai habilitar un stand no Sales Office, o cal estará a disposición das produtoras galegas que asistan ao Festival, para expoñer os seus catálogos e material promocional e para manter reunións. A participación no Sales Office precisa unha acreditación previa e a data límite para a súa tramitación é o día 1 de setembro.

Así mesmo, durante o festival terá lugar un Encontro de Coprodución entre España e Colombia organizado por FAPAE e Proimágenes en Movimiento. A data de celebración é o día 22.

Todos os interesados poden obter mais información no teléfono do Consorcio, 981 957 182.