O I Foro da Industria de Animación, FIA-Galicia 2008, que se desenvolverá na Coruña os días 2 e 3 de xullo, vai convertir á cidade en punto de encontro e de negocio entre máis de medio centenar de profesionais de toda España que asistirán a este evento, organizado polo Cluster Audiovisual Galego, CLAG, en colaboración coa Obra Social de CaixaGalicia, a Consellería de Innovación e Industria, a Asociación Española de Produtoras de Animación (AEPA) e dentro da programación de Mundos Dixitais.
No FIA-Galicia 2008 estarán representadas as comunidades que lideran a produción de animación no noso país, entre as que Galicia é na actualidade un sólido referente, cunhas producións que se exportan a mercados internacionais e que son recoñecidas nos festivais de máis prestixio. Precisamente, este grao de madurez e consolidación da industria de Animnación en Galicia é o que animou ao CLAG a organizar o FIA en A Coruña, co obxectivo de que sirva de plataforma para impulsar un maior desenvolvemento deste sector da industria audiovisual, reunindo ás empresas máis punteiras e vangardista desta industria.

Primeira mostra española de animación en Galicia

No FIA-Galicia 2008 estarán representadas ademais de Galicia, produtoras de animación de Cataluña, Valencia, Canarias, Andalucía, País Vasco e Madrid, que terán a oportunidade de amosar ante o público algúns dos seus proxectos máis novidosos na xornada inicial do 2 de xullo, nunha sesión expositiva que se celebrará na sede da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande. Participarán empresas tan consolidadas como Continental Producciones, Ficción Producciones, Dygra, Artefacto Producciones,Ottiplanet, o Filmax Animation, Perro Verde –de Galicia-; Cromosoma, Benecé, Kotoc o BRB/Sreen 21 –de Cataluña-; Baleuko –do País Vasco-; La Casa Animada –de Canarias-; Pasozebra –de Valencia-; Zinkia –de Madrid-; e Forma Animada –de Andalucía-.

Análise experto sobre perspectivas legais e de mercado.

A segunda sesión, o día 3 de xullo, servirá para abrir o ámbito de análise ao contexto europeo, coa celebración dunha mesa redonda sobre “A industria de animación: perspectivas legais e de mercado”, moderada por Chelo Loureiro, de Continental Producciones, na que intervirán Paco Rodriguez, de Filmax Animation; Dominique Boischot da produtora francesa La Perrine, que explicará o modelo da industria de animación en Francia; David Matamoros, de Benecé; e Fernando de Miguel, de Zinkia.

O FIA-Galicia 2008 será inaugurado o día 2 ás 9.30 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, por Anton Reixa, presidente do CLAG; Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial; Benigno Sánchez, director xeral de CRTVG; e representantes de Caixa Galicia.