A nova curtametraxe de Javi Camino, “Un chico raro”, estrearase o próximo mes na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya que se vai celebrar en Sitges do 2 ao 12 de outubro. A penúltima criatura surrealista do director compostelano  proxectarase no primeiro fin de semana do festival.

“Un chico raro” está respaldada por Magnetova Entertainment, produtora de recente creación da cal o propio director é socio. O guión foi parido por Javi Camino e Toni Junyent quen ademais protagoniza a cinta. Entre os actores aparece de novo Pilar Miguélez, protagonista da primeira longametraxe do realizador: “¡Maldito Bastardo!.

A historia é un retrato de Toni, un peculiar mozo con aspiracións de detective que se entretén espiando e perseguindo as chicas que protagonizan as súas fantasías. A súa última ocorrencia é intentar engatusar por teléfono a Natalia, o seu actual obxectivo. O que Toni non sospeita é que ninguén é o que semella. “Un chico raro” é un conto de lobos con disfrace de cordeiro e de cordeiros con disfrace de lobo.

Javi Camino é xa un habitual no festival catalán. En 2004 estreábase nesta cita cinéfila coa proxección de “La consulta del Doctor Natalio”, precuela de “¡Maldito Bastardo!”. O pasado ano 2008, esta longametraxe participou na sección Midnight X-treme, culminando así un verano de premios e éxitos internacionais.

Para mais información:

Stela Sánchez

Magnetova Entertainment: 660 28 72 97 magnetova@gmail.com

Javi Camino: 653 46 10 85 javiporcino@hotmail.com