O CGAI PECHA A SÚA PROGRAMACIÓN DO NO 2010 CUN FILME DE WES ANDERSON

23 / 12 / 2010

Mañá xoves día 23 de decembro o CGAI pecha a súa programación do 2010 coa proxección do filme FANTÁSTICO SR. FOX (2009) de Wes Anderson A programación regresa o venres día 7 de xaneiro de 2011.

Fantástico Sr. Fox escapa a calquera categorización. A insólita película de animación de Wes Anderson a partires do relato de Roald Dahl é a proposta ³de Nadal² do CGAI. Que ninguén se engane: esta é unha película de Wes Anderson, tan amarga e desencantada como as súas anteriores propostas, non unha película infantil. Iso si, coas voces orixinais: George Clooney, Meryl Streep, Jason Schwartzman, Bill Murray, Willem Dafoe, etc, etc.

FANTASTIC MR. FOX / FANTÁSTICO SR. FOX
(Estados Unidos-Reino Unido, 2009)
Dirección: Wes Anderson. Guión: Wes Anderson e Noah Baumbach, sobre un relato de Roald Dahl. Produción: Twentieth Century Fox e American Empirical Pictures. Fotografía: Tristan Oliver. Duración: 87 minutos. Wes Anderson, autor de Los Tenembaums (2001) e Life Aquatic (2004), pásase á animación cunha adaptación dun conto de Roald Dahl (en España El superzorro), en torno a un raposo superlativo que se enfronta a tres granxeiros. 

Categoría: Novas
Etiquetas: