O Festival de Cine Internacional de Ourense organiza o ‘Ciclo de Cine Vicente Risco na República de Weimar’, marco no que este xoves 27 de maio os Cinebox da cidade pasarán gratuitamente a obra ‘O Anxo Azul’ do director Josef Von Sternberg a partir das 20:30 horas.

DER BLAUE ENGEL. Alemaña, 1930.

Drama | 109 minutos | Director: Josef von Sternberg

Guión: Karl Zuckmayer, Karl Vollmuller, Robert Liebmann (segundo a novela de Heinrich Mann)

Música: Frederick Hollander, Robert Liebmann, Richard Rillo

Fotografía: Günter Rittau e Hans Schneeberger (b/n)

Reparto: Marlene Dietritch, Emil Jannings, Kurt Gerron, Rosa Valetti, Hans Albers, Eduard von

Winterstein.            

 

Sinopse: Lola, “O Anxo Azul”, é unha rapaza fermosa, un pouco tímida, sen misterio. O seu encontro co profesor Rath, un solteiro de 50 anos, terá inesperadas consecuencias. Primeiro grande filme da Dietritch, arrebatadora e seductora. Crónica dunha Alemaña escura de entreguerras á que Vicente Rsico adicou as seguintes verbas: “Por fín fun ver na Tonfilm, grazas a non custar mais que un marco: unha película espantosamente tráxica que xa che contarei que se titula Der blan Engel e que está facendo furor.”