O ACTOR XAN CEJUDO OBTÉN UN PREMIO NO FESTIVAL DE CINE SOCIAL DE CASTELA A MANCHA POLO SEU TRABALLO NA CURTAMETRAXE GALEGA DIES DEI

20 / 09 / 2010

O actor Xan Cejudo obtén o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cine Social de Castela-A Mancha polo seu traballo na curtametraxe galega Dies dei, dirixida por Nani Matos.


Este premio, que será entregado o próximo 12 de outubro na gala de clausura do Festival que se celebrará no Teatro Garcilaso de la Vega de Toledo, vén a sumarse así, a outros moitos recoñecementos e distincións que o actor recibiu durante a súa longa traxectoria como actor e director

Categoría: Novas
Etiquetas: