O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), con sede en A Coruña, reinicia as súas proxeccións, tralo paréntese veraniego, o martes 18 de setembro. Ata finais de outubro, serán protagonistas o novo cine italiano, o festival Freakemacine, e os cineastas franceses Robert Guédiguian e François Caillat. Tampouco faltarán as seccións habituais Fóra de serie, Off Galicia e CGAI Júnior.

O Centro Galego de Artes da Imaxe retomará as súas proxeccións tralas vacacións estivais col ciclo “Miradas periféricas: o cine italiano do século XXI”, que se desenvolverá do 18 de setembro ao 10 de outubro. Programado en colaboración co Centro di Studi sul Cinema Italiano (CSCI) e outras filmotecas rexionais, e comisariado por Daniela Aronica, intégrano unha decena de películas transalpinas realizadas durante a última década, e inéditas en España: Sono stati loro, de Guido Chiesa (2003), La rivincita di natale, de Pupi Avati (2004), Bellissime, de Giovanna Galiardo (2004), L’aria salata, de Alessandro Angelini (2006), Cosmonauta, de Susanna Nicchiarelli (2008), Giulia non esce la sera, de Giuseppe Piccioni (2009), Lo spazio bianco, de Francesca Comencini (2009), Alza la testa, de Alessandro Angelini (2010), Gorbacióf, de Stefano Incerti (2010), e 20 sigarette, de Aureliano Amadei (2010). Dito ciclo desenvolverase en dúas fases, xa que, na semana do 25 ao 29 de setembro, intercalarase a programación da cuarta edición de Freakemacine, un festival de cine fantástico e de ciencia ficción que, nesta ocasión, renderá homenaxe a directores e actores españois do cine de terror dos anos 70. O martes 25 homenaxearase ao intérprete Víctor Israel co documental en torno a súa figura Los perversos rostros de Víctor Israel e co filme Pánico en el transiberiano; o mércores 26, ao actor Paul Naschy, co documental El hombre que vio llorar a Frankenstein, e ao cineasta Jorge Grau, con No profanar el sueño de los muertos; e o xoves 27, ao director Jess Franco e a súa musa, a falecida actriz Lina Romay, con Necronomicon e La condesa negra. O venres 28 dedicarase ao concurso de curtas do evento; e o sábado 29, ao cine de xénero galego, coa curta Crisis en DSM4, e ao filme Maldito bastardo. A programación do mes de outubro no Centro Galego de Artes da Imaxe tamén inclúe dous ciclos dedicados a sendos directores franceses, realizados en colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.

Unha de dichas retrospectivas centrarase na figura de Robert Guédiguian (1953). Profundamente comprometido dende o punto de vista social, as películas do cineasta francés son un claro reflexo disto e son fieis, na maior parte dos casos, a un mesmo equipo e a un único escenario, a sú Marsella natal. Do 11 ao 24 de outubro proxectaranse en A Coruña sete das súas longas: Marius y Jeannette (1997), ¡Al ataque! (2000), La ciudad está tranquila (2000), Marie-Jo y sus dos amores (2002), Mi padre es ingeniero (2004), Lady Jane (2008) e Las nieves del Kilimanjaro (2011). O outro protagonista galo en outubro será François Caillat, un dos documentalistas máis destacados dese país, ao que se dedica, do 25 ao 31 de dito mes, un foco de catro películas, todas vinculadas con Lorena, a súa rexión natal: La quatrième génération (1997), Trois soldats allemands (2001), L’affaire Valérie (2004) e Une jeunesse amoureuse (2011). Ditos títulos acompañaranse doutros cinco que o realizador vincula a súa obra: La terre des âmes errantes, de Rithy Panh (2000), Odessa… Odessa, de Michale Goganim (2005), Le cercle des noyés, de Pierre-Yves Vandeweerd (2007), L’heure du Berger, de Pierre Creton (2008), e Nostalgia de la luz, de Patricio Guzmán (2010). En canto ás seccións regulares do CGAI, en Fóra de serie estrearase o documental Positive Generation, de David Trueba, o 4 de outubro; e no CGAI Júnior, dedicada ao público infantil, verase o clásico do anime xaponés El castillo en el cielo, de Hayao Miyazaki, o 20 de outubro. Pola súa parte, “Off Galicia”, que está reservada ao audiovisual galego e prográmase os sábados, incluirá, aparte da sesión enmarcada no Freakemacine, outras nas que se exhibirán En compañía da morte, de Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto, o 22 de setembro; La brecha, de Marcos Nine, o 6 de outubro; …lipsis y Suicidio lamprea, de Guillermo Arias-Carbajal, o 13 de outubro; e A pedra do lobo, de Alberte Pagán, o 27 de outubro. En tódolos casos, os traballos serán presentados polos seus autores.