O programa Lugo en Acción foi realizado por alumnos de centros educativos da provincia.
O FITB, que se clausura mañá no Auditorio do Museo de Historia de Cataluña, ten nesta décima edición participación lucense. En total proxectaránse no festival 65 producións de 26 países. O programa Lugo en Acción foi realizado por alumnos de centros educativos da provincia
UN PROXECTO DA FUNDACIÓN TIC PARTICIPA ESTA SEMANA NO X FESTIVAL INTERNACIONAL DE TV DE BARCELONA

Lugo, 16 de novembro de 2006
O FITB, que se clausura mañá no Auditorio do Museo de Historia de Cataluña, ten nesta décima edición participación lucense. En total proxectaránse no festival 65 producións de 26 países.

Dentro da súa sección Sorpresas, na que se amosan producións como animación, cortos, series, programas educativos, informativos infantís,… que traballan a temática infantil de calidade, foi seleccionado o programa Lugo en Acción que a pasada temporada emitiu Localia Telelugo e que estaba producido pola Fundación TIC.

Lugo en Acción
Este programa televisivo é so unha parte, ainda que a máis visible, dun programa de formación en linguaxes audiovisuais que durante o curso pasado a Fundación achegou a alumnos da ESO de toda a provincia.

Grazas a este proxecto formativo, que a Fundación ten previsto reanudar este ano, os estudantes tiveron a oportunidade de achegarse aos xéneros cinematográfico e televisivo elaborando diferentes produtos audiovisuais.

A serie contou cun total de nove programas nos que se seguía unha mesma estructura: emisión dunha curtametraxe rodada no centro educativo e do seu correspondente making off, unha entrevista a profesionais relacionados co sector da comunicación e, finalmente, un debate baseado no tema do corto.

Oito centros educativos e cento setenta e catro alumnos foron os responsables de que estes nove programas televisivos sairan ao aire cada mércores, de sete e media a oito da tarde, desde marzo ata xuño.

CENTRO CURTAMETRAXE INVITADO NO PROGRAMA
Colexio Galén (Lugo) Por arte de maxia Xoan Mariño,
responsable da
produtora Mr. Misto
CPI Tino Grandio (Guntín) Chuletas José Areñas (locutor
radiofónico e speaker)
CPI de Castroverde Un examen apretau Arturo Vaquero
(produtor musical)
Estívoche ben José Antonio
Corredoira
(Dtor.da Fundación
TIC)
CPI López Suárez (Friol) Amoríos Paco Rivera (locutor
de radio)
IES Politécnico (Lugo) O gran golpe Manuel Sicart (Premio
Ondas de radio 1980)
IES Río Cabe (Monforte) A estranxeira Lois Caeiro
(xornalista)
IES Dionisio Gamallo Fierro
(Ribadeo) Sen saída Jorge Coira (director
de cine)
EPA de Lugo Menuda sorpresa José de Cora
(xornalista)

A violencia nas aulas, o racismo, o medioambiente, a igualdade entre homes e mulleres ou a compatibilidade de estudar e traballar, son algúns dos temas que interesan aos xóvenes lucenses e así o amosaron nos diferentes debates.

O FITB
O Festival Internacional de Televisión de Barcelona foi creado no ano 1997 e un dos seus máximos obxectivos é a loita pola existencia de contidos éticos nos medios de comunicación audiovisuais, especialmente na televisión infantil. Durante estes años, o FITB converteuse nun marco de reflexión e de promoción sobre a infancia e a influencia que os medios exercen nela. A través do Observatorio Europeo de Televisión Infantil, promotor do Festival, xurde a inquietude e a tarefa de potenciar a calidade dos programas televisivos creados para a infancia.