NOVAS DO SECTOR: tan poquiña cousa, un corazón, UNHA COPRODUCIÓN DE TIC TAC PRODUCCIONES DE GALICIA, E LAGARTO CINE DE ARXENTINA, RECIBE A AXUDA Ó DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA IBERMEDIA

25 / 01 / 2007

Este proxecto de longametraxe acadou a axuda de Ibermedia para desenvolvemento na resolución da X Reunión Ordinaria do Comité Intergubernamental que tivo lugar en Panamá o 17 e 18 de xaneiro. A este recoñecemento internacional desta coproducción de Tic Tac Producciones e Lagarto Cine hai que engadir a axudas ó desenvolvemento na convocatoria do 2006 da Consellaría de Cultura e Deporte e a selección por primeira vez dun proxecto galego para a décima edición dos Mannheim Meetings do Filmfestival Internacional de Mannheim-Heidelberg en Alemaña.
Tan pouquiña cousa, un corazón, unha coproducción de Tic Tac Producciones (Galicia) e Lagarto Cine (Arxentina), recibe a axuda ó desenvolvemento do Programa Ibermedia.

Este proxecto de longametraxe acadou a axuda de Ibermedia para desenvolvemento na resolución da X Reunión Ordinaria do Comité Intergubernamental que tivo lugar en Panamá o 17 e 18 de xaneiro. A este recoñecemento internacional desta coproducción de Tic Tac Producciones e Lagarto Cine hai que engadir a axudas ó desenvolvemento na convocatoria do 2006 da Consellaría de Cultura e Deporte e a selección por primeira vez dun proxecto galego para a décima edición dos Mannheim Meetings do Filmfestival Internacional de Mannheim-Heidelberg en Alemaña.

Tan pouquiña cousa, un corazón vai ser dirixida por Daniel Domínguez que, xunto con Daniel D. García, son os autores do guión. O argumento retrata as historias de amor que deambulan nunha vila mariñeira chamada Mareira. Trátase dunha película sobre unhas personaxes que viven hoxe con feridas de onte sen cicatrizar, unhas vidas cruzadas nunha vila marcada polos naufraxios do mar e do corazón.

Depto de Producción
TIC TAC PRODUCCIONES, SL
Te: 981 910 122
Fax. 981 910 101

CIE- MANS
Polígono de Pocomaco
Parcela D-22, 15190
A Coruña

Categoría: Novas
Etiquetas: