XOVES 18 DE XANEIRO
LUGAR: CINES FILMAX, PUERTO DE OCIO A CORUÑA, SALA 4
11:00 PROXECCIÓN da película para prensa
12:30: PHOTOCALL
12:35: ROLDA DE PRENSA
Alí o equipo da película estará á vosa disposición para informarvos das novidades da película en relación coa estrea en cines, a nominación aos Goya (que se entregarán a semana que vén), así como as posibles novas que poidan xurdir.
PRESENTACIÓN ESTREA EN CINES DE PROFUNDIS, MAÑÁ XOVES 18 XANEIRO NA CORUÑA

Estimados amigos:
Queremos lembrarvos os datos da presentación de De Profundis o vindeiro xoves en A Coruña:

XOVES 18 DE XANEIRO
LUGAR: CINES FILMAX, PUERTO DE OCIO A CORUÑA, SALA 4
11:00 PROXECCIÓN da película para prensa
12:30: PHOTOCALL
12:35: ROLDA DE PRENSA

Alí o equipo da película estará á vosa disposición para informarvos das novidades da película en relación coa estrea en cines, a nominación aos Goya (que se entregarán a semana que vén), así como as posibles novas que poidan xurdir.

Pola noite terá lugar a preestrea cinematográfica da película nos mesmos cines ás 21:00 h.

Se queredes calquera tipo de entrevista individual por favor poñédevos en contacto con nós en canto sexa posible no 981 213 637 ou no móbil 647 493 197.

Aproveitamos para convidarvos a que visitedes o UNIVERSO DE PROFUNDIS, un novo minisite en flash no que podedes sumerxirvos no mundo máxico de Miguelanxo Prado e Nani García. Podedes acceder na páxina web www.deprofundilapelicula.com.
Tamén podedes acudir ao blog www.deprofundisblog.com.

De Profundis é unha produción de Continental Animación, Desembarco Producións e Zeppelín Filmes. Conta coa participación de TVE e coa produción asociada de Cabreiroá, TVG e o Consorcio Para a Promoción da Música. Así mesmo conta co apoio de ICAA, Eurimages e a Xunta de Galicia. A música da película foi interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia, mesturada nos estudios Bruar e gravada en Mans Scoring Stage de A Coruña.