NOVAS DO SECTOR: PRESENTACIÓN DE HOTEL TÍVOLI. ESTREA O 4 DE MAIO

12 / 04 / 2007

Película coral do polifacético Antón Reixa, HOTEL TÍVOLI chega ás nosas pantallas o 4 de maio tralo seu paso polo Festival de Cine de Málaga.
Antón Reixa dirixe en HOTEL TÍVOLI ún amplo elenco de actores no que destacan Luis Tosar, Nancho Novo, Ginés García Millán, Mabel Rivera, Jose Angel Egido e Adolfo Fernández entre outros, coa presentación de Julieta Venegas.
PRESENTACIÓN DE Hotel Tívoli. ESTREA O 4 DE MAIO

Película coral do polifacético Antón Reixa, HOTEL TÍVOLI chega ás nosas pantallas o 4 de maio tralo seu paso polo Festival de Cine de Málaga.
Antón Reixa dirixe en HOTEL TÍVOLI ún amplo elenco de actores no que destacan Luis Tosar, Nancho Novo, Ginés García Millán, Mabel Rivera, Jose Angel Egido e Adolfo Fernández entre outros, coa presentación de Julieta Venegas.

HOTEL TÍVOLI é a segunda película de Antón Reixa como director tras “O lápis do Carpinteiro”. No ámbito cinematográfico exerceú de guionista (“O lápis do Carpinteiro”), actor (“Lena”, “Érase outra vez”) e produtor de títulos como “O ano da Carracha”, “Tres no Camiño”, “No sos vos, soy yo” ou “Descongélate”. Actividades que compaxina coas súas múltiples facetas como escritor, columnista, músico e artista multimedia…”

Sinopse: HOTEL TÍVOLI é unha película sobre o amor pasional, a casualidade e a soidade. Seguindo o itinerario dun chisqueiro que van perdendo os seus donos ocasionáis en diferentes lugares do mundo, constrúese unha divertida e emotiva historia de historias có denominador común das relacións de parella, o “amor fou” e a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos curiosos e dotados dunha sinceridade non sempre oportuna.

PASES DE PRENSA

26 DE ABRIL MADRID.
– 10h. Cine Proyecciones (c/Fuencarral, 136).Pase de prensa.
– 12h. Photocall e rolda de prensa, coa presencia de:
ANTÓN REIXA, LUIS TOSAR, GINÉS GARCÍA-MILLÁN, ADOLFO FERNÁNDEZ, JOSE ÁNGEL EGIDO, LEDICIA SOLA, JUDITH DIAKHATE…

26 DE ABRIL BARCELONA
– 10h. Cines Verdi Park (c/ Torrijas, 49). Pase de prensa

3 DE MAIO A CORUÑA
– 11h . Cines Filmax (C/Alférez Provisional. Centro de Ocio El Puerto)
– Pase e Rolda de Prensa posterior co director e actores/actrices

PREESTREAS

26 DE ABRIL MADRID.

– 22h. Cine Callao. Premiére. En colaboración con Cadena Dial

2 DE MAIO BARCELONA
– 22h. Filmax Gran Vía. En colaboración con EL PERIODICO DE CATALUÑA.
– Coa presencia do director e o sorteo da estancia para dúas persoas en Hotel Tívoli Lisboa.

3 DE MAIO A CORUÑA
– 22h. Cines Filmax (C/Alférez Provisional. Centro de Ocio El Puerto)

Para xestión de entrevistas por favor contactade con: Sandra Ejarque 699 976 949.

Categoría: Novas
Etiquetas: