NOVAS DO SECTOR: PRESENTACIÓN DE Concursante EN GALICIA

12 / 03 / 2007

Queremos convidarvos á presentación en Galicia de Concursante, a primeira película do realizador de orixe ourensán Rodrigo Cortés (director de curtametraxes como o multiplremiado 15 días), que terá lugar o vindeiro xoves 15 de marzo en A Coruña. PRESENTACIÓN DE CONCURSANTE EN GALICIA

LEONARDO SBARAGLIA PROTAGONIZA A ÓPERA PRIMA DE RODRIGO CORTÉS, UNHA ACEDA SÁTIRA SOBRE O SISTEMA FINANCIEIRO QUE PARTICIPA NO FESTIVAL DE MÁLAGA.
PRESENTACIÓN EN A CORUÑA: XOVES 15 DE MARZO

Estimados amigos:

Queremos convidarvos á presentación en Galicia de Concursante, a primeira película do realizador de orixe ourensán Rodrigo Cortés (director de curtametraxes como o multiplremiado 15 días), que terá lugar o vindeiro xoves 15 de marzo en A Coruña.

Protagonizada por Leonardo Sbaraglia (Salvador, Carmen, etc), a película participa na Sección Oficial a Competición do Festival de Málaga. E conta no seu reparto cos actores galegos Miryam Gallego (Lobos, Periodistas), Chete Lera (El niño de barro, Smoking Room, etc), Luis Zahera (Alatriste, Hotel Tívoli, etc), etc. A película foi rodada en localizacións de Madrid e A Coruña (no Parque Monte de San Pedro), e os seus produtores ejecutivos son Xavier Villaverde e Gonzalo Salazar-Simpson.

O equipo se achegará a Coruña o vindeiro xoves para presentar esta película de coidado estilo visual e impactante mensaxe.

Nela, Martín Circo Martín (Leonardo Sbaraglia), un novo profesor de Historia da Economía, acaba de convertirse no gañador do maior premio na historia da televisión, máis de 3 millóns de euros en premios de todo tipo. Nembargantes, pronto descubre que ser millonario é caro, e que non ten os cartos para permitirse os premios. Facenda, pola súa banda, reclama a metade das ganancias. Case sen decatarse, Martín vese nunha trampa sen saída, tentando vender todos os premios que gañou.
Edmundo Figueroa, un vello extravagante e disidente, pode ser a súa última oportunidade de escapar…

A presentación terá lugar da seguinte forma:

XOVES 15 DE MARZO
LUGAR: CINES FILMAX A CORUÑA

11:00 PROXECCIÓN PARA PRENSA (SALA 8)
12:30 PHOTOCALL
12:40 ROLDA DE PRENSA

Asistirán o equipo da película así como os produtore

Pola noite terá lugar a PREESTREA para os invitados que será:
LUGAR: CINES FILMAX A CORUÑA
HORA: 22:00 H

Se queredes calquera entrevista individual co director ou actores por favor poñédevos en contacto canto antes con Alberto Pereira no 655 418 971.

A película chegará ás salas comerciais o día 16, e en Galicia poderá verse nas versións castelán e galega.

CONCURSANTE é unha producción de Continental, lazonafilms, Nephelim e TVG, e está distribuida por Filmax.

Categoría: Novas
Etiquetas: