Película coral do polifacético Antón Reixa, HOTEL TÍVOLI chega ás nosas pantallas o 4 de maio tralo seu paso polo Festival de Cine de Málaga.
Antón Reixa dirixe en HOTEL TÍVOLI ún amplo elenco de actores no que destacan Luis Tosar, Nancho Novo, Ginés García Millán, Mabel Rivera, Jose Angel Egido e Adolfo Fernández entre outros, coa presentación de Julieta Venegas.
PASE DE PRENSA E PREESTREA DE HOTEL TÍVOLI, SEGUNDA PELÍCULA DE ANTÓN REIXA COMO DIRECTOR, NA CORUÑA

XOVES 3 DE MAIO 2007, Cines Filmax de A Coruña

Contaremos coa presenza do director e dos principais actores e actrices da película.

Estrea en salas comerciais : Venres 4 de maio

PASE DE PRENSA

– 11h . PASE DE PRENSA.Cines Filmax (R/Alférez Provisional. Centro de Ocio El Puerto)
– 13h. Photocall e rolda de prensa no mesmo cine, coa presenza do director e dos actores MABEL RIVERA, CARLOS BLANCO, UXÍA BLANCO, MIGUEL DE LIRA, LUIS CASTRO ZAHERA, LEDICIA SOLA

PREESTREA

– 22h. Photocall e premiére co equipo da película nos Cines Filmax (R/Alférez Provisional. Centro de Ocio El Puerto)
Ao finalizar a proxección servirase un cocktail por cortesía de Caixanova no salón principal do PALEXCO.

Película coral do polifacético Antón Reixa, HOTEL TÍVOLI chega ás nosas pantallas o 4 de maio tralo seu paso polo Festival de Cine de Málaga.
Antón Reixa dirixe en HOTEL TÍVOLI ún amplo elenco de actores no que destacan Luis Tosar, Nancho Novo, Ginés García Millán, Mabel Rivera, Jose Angel Egido e Adolfo Fernández entre outros, coa presentación de Julieta Venegas.

HOTEL TÍVOLI é a segunda película de Antón Reixa como director tras O lápis do Carpinteiro. No ámbito cinematográfico exerceú de guionista (O lápis do Carpinteiro), actor (Lena, Érase outra vez) e produtor de títulos como O ano da Carracha, Tres no Camiño, No sos vos, soy yo ou Descongélate. Actividades que compaxina coas súas múltiples facetas como escritor, columnista, músico e artista multimedia…

Sinopse: HOTEL TÍVOLI é unha película sobre o amor pasional, a casualidade e a soidade. Seguindo o itinerario dun chisqueiro que van perdendo os seus donos ocasionáis en diferentes lugares do mundo, constrúese unha divertida e emotiva historia de historias có denominador común das relacións de parella, o amor fou e a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos curiosos e dotados dunha sinceridade non sempre oportuna.

Para xestión de entrevistas por favor contactade con:
Sandra Ejarque 699 976 949 // Sergio Frade 670 989 926.