NOVAS DO SECTOR: O vindeiro sábado día 10 de Marzo, dentro do espazo Galicia documental, estréase na Galega Vogando

8 / 03 / 2007

Vogando é un documental dirixido por Cibrán Isasi e producido por Alén Filmes e Produccións Zopilote.
En Galicia, sobre todo nas Rías Baixas, hai unha gran afición polas traíñas, unha competición tradicional de remo VOGANDO

O vindeiro sábado día 10 de Marzo, dentro do espazo Galicia documental, estrease na Galega Vogando.

Vogando é un documental dirixido por Cibrán Isasi e producido por Alén Filmes e Produccións Zopilote.
En Galicia, sobre todo nas Rías Baixas, hai unha gran afición polas traíñas, unha competición tradicional de remo.

Desde hai uns poucos anos instaurouse a Liga do Cantábrico, a ACT, na que compiten os mellores equipos de Euskadi, Cantabria e Galicia. Ata agora so tripulacións vascas ou cántabras gañaron este campionato. Algunha destes equipos teñen grandes patrocinadores e os seus remeiros son profesionais ou semiprofesionais. Nesta competición participan dúas embarcacións galegas, Cabo de Cruz de Boiro e Mecos de O Grove.

Veremos espectaculares imaxes tan propias deste deporte, pero tamén o día a día dos remeiros galegos. Para iso nada mellor que seguir a dúas embarcacións modestas como son Cabo de Cruz e Mecos. Seguímolos ó longo da competitiva ACT, a liga do Cantábrico e na Bandeira da Concha en Donostia, a competición con máis sona e con máis espectadores. Vivirémolo día a día a través dos ollos duns remeiros destas embarcacións, completamente amateurs e que teñen que facer grandes esforzos para adestrar e competir. Veremos o seu esforzo, a súa ilusión, a súa vida, veremos como é está durísima competición por dentro.

FICHA TÉCNICA:

Duración: 55 minutos.
Formato: HDV

Director: Cibrán Isasi.
Guión: Carlos Ares, Cibrán Isasi.
Dirección de produción Diego Méndez
Música: Santi Jul, Iván laxe
Produción executiva: Carlos Ares, Diego Méndez
Director de fotografía: Aberto Castro.
Montaxe: Martín Fiallega.
Son: Santi Jul.
Xefe de produción: Martín Ramudo.

Categoría: Novas
Etiquetas: