O prazo de presentación de ideas para participar en GuionLab entra na recta final, e rematará o vindeiro 20 de abril. Guionlab, organizado polo Clúster Audiovisual Galego xunto á Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte e Caixanova, ten como obxectivo proporcionar fundamentos teóricos e ferramentas para a elaboración de guións cinematográficos, partindo de ideas no seu estado primitivo Poden optar ideas en estado primitivo, que serán tuteladas por expertos ata converterse en guións cinematográficos

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS A GUIONLAB REMATARÁ O VINDEIRO 20 DE ABRIL

O prazo de presentación de ideas para participar en GuionLab entra na recta final, e rematará o vindeiro 20 de abril. Guionlab, organizado polo Clúster Audiovisual Galego xunto á Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte e Caixanova, ten como obxectivo proporcionar fundamentos teóricos e ferramentas para a elaboración de guións cinematográficos, partindo de ideas no seu estado primitivo.

GuionLab está concebido para aqueles creadores que queiran convertir as súas ideas en guións cinematográficos, de xeito que estas poden ser presentadas a Guionlab no seu estado máis primitivo e incipinte, para despois ser tuteladas por expertos ata convertilas finalmente en guións cinematográficos. Entre todas as ideas presentadas serán seleccionadas 12 como finalistas para participar neste Laboratorio. Os autores das ideas seleccionadas entrarán así nun proceso tutelado por catro recoñecidos expertos en escritura de guións procedentes de distintos países: a británica Clare Downs; o cubano Daniel Díez Torres; o español Álvaro del Amo; e o galego Daniel Domínguez. Deste xeito, tralo proceso guiado polos expertos, as doce ideas rematarán convertidas noutros tantos guións cinematográficos.

Guionlab dotará, así, aos participantes de ferramentas de análise, estrutura e recursos para a confección de guións cinematográficos con capacidade de participación e acceso aos mercados nacionais, europeos e internacionais.

GuionLab está dirixido polo galego Enrique Nicanor, produtor, director e guionista de cine e televisión, que entre outras responsabilidades, foi director de La2 de TVE e da Escola de Cinematografía de Madrid; e coordinado por Pedro A. Ramos García, coordinador do Taller de Escritura 4 Contos.

Os interesados poden inscribirse ata o 20 de abril na web do Clúster (www.clusteraudiovisualgalego.com) ou da Axencia Audiovisual Galega (www.axenciaaudiovisualgalega.org).
Saúdos do Gabinete de Comunicación (986-575.201)