NOVAS DO SECTOR: O Consorcio Audiovisual promociona os documentais galegos con Docs Galicia

22 / 03 / 2007

O Consorcio Audiovisual de Galicia vai promocionar os documentais galegos no exterior ao través dunha iniciativa denominada Docs Galicia. Trátase dun catálogo pioneiro en Galicia e inédito até o momento que esta mañá foi presentado no marco de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. O Consorcio Audiovisual promociona os documentais galegos con Docs Galicia
Este catálogo pioneiro en España foi presentado esta mañá en Play-Doc

O Consorcio Audiovisual de Galicia vai promocionar os documentais galegos no exterior ao través dunha iniciativa denominada Docs Galicia. Trátase dun catálogo pioneiro en Galicia e inédito até o momento que esta mañá foi presentado no marco de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. O director xerente do Consorcio, Ignacio Varela, foi o responsable de ofrecer as claves de Docs Galicia que reúne nesta primeira edición cinco traballos que foron seleccionados entre todos os presentados, por unha comisión de expertos. Estes cinco documentais son A cuarta pista, Pic-nic, A casa da miña avoa, As voces do Prestige e 2.050. É xa demasiado tarde.

Todos teñen en común, segundo Ignacio Varela, o feito de demostrar un alto de nivel de calidade e ter vocación de viaxar para competir en igualdade de condicións noutros lugares do mundo. Porque precisamente un dos obxectivos de Docs Galicia é que estes traballos, que serán seleccionados anualmente, estean presentes nos diferentes festivais internacionais de documentais coma os que se celebran en Masella, Lisboa, San Sebastián, Bilbao, ou o Festival de la Rochelle en Francia no próximo mes de xullo. Arestora estes cinco traballo que conforman o primeiro catálogo están a ser proxectados en todos os institutos do Brasil e tamén nas oficinas da cinemateca de Cuba.

Dous destes documentais proxectáronse esta mesma mañá en Play-Doc. Ignacio Varela destacou do 2.050. É xa demasiado tarde que aborda o cambio climática que está feito dende a creatividade e con pouco medios e que ao contrario que o de Algore non pretende manipular a opinión pública. Con respecto a As voces do Prestige dicía que está feito con capacidade crítica e prevalecer que como documento que relata o acontecido en Galicia.

Ignacio Varela aproveito a súa presenza en Tui para destacar a gran profesionalidade e esforzo do directores do Festival que con poucos medios están a lograr unha gran repercusión.

Rolda de prensa dos directores Fredrik Gertten e Suzanne Khardalian
Trala presentación do catálogo Docs Galicia, os directores dos primeiros documentais proxectados na xornada inaugural, Fredrik Gertten e Suzanne Kharlian ,falaron para os medios.

Gertten, realizador de An ordinary family, destacou que os espectadores galegos sentiron a historia como propia xa que hai unha unión moi forte entre Galicia e Arxentina. Ademáis subliñou que o problema da emigración afecta a moitas culturas e que por iso conecta moi ben cós sentimentos.
Pola súa banda, Suzanne Khardalian, directora de Bullshit, fixo fincapé na implicación da xente contra a globalización. Por último destacou a boa calidade do festival e da magnífica acollida da súa película.

Categoría: Novas
Etiquetas: